TRANSPLANTAMOS O CASTIÑEIRO

ARELA

Desde que naceu a principios de xaneiro,  o castiñeiro medrou tanto que o tivemos que pasar a unha maceta máis grande. Como o envase no que estaba era transparente puidemos  ver as raíces, que é por onde  o castiñeiro se alimenta para facerse tan grande e fermoso.

 

Febreiro 1, 2012 | Deixe un comentario  

NACEU UN CASTIÑEIRO

ARELA

Xa pasaron uns meses desde que metemos as castañas en terra e comezou a nacer algún castiñeiro. Este comezou a brotar a principios de xaneiro. Aí van unhas fotos para que vexades que fermoso estaba.

Febreiro 1, 2012 | Deixe un comentario