TRANSPLANTAMOS O CASTIÑEIRO

ARELA

Desde que naceu a principios de xaneiro,  o castiñeiro medrou tanto que o tivemos que pasar a unha maceta máis grande. Como o envase no que estaba era transparente puidemos  ver as raíces, que é por onde  o castiñeiro se alimenta para facerse tan grande e fermoso.

 

Febreiro 1, 2012 | Deixe un comentario  

NACEU UN CASTIÑEIRO

ARELA

Xa pasaron uns meses desde que metemos as castañas en terra e comezou a nacer algún castiñeiro. Este comezou a brotar a principios de xaneiro. Aí van unhas fotos para que vexades que fermoso estaba.

Febreiro 1, 2012 | Deixe un comentario  

VISITAMOS A DONA PAPELETA

ARELA

Xa estamos aquí,  de volta das vacacións!

Como as papeleiras das aulas están moi cheas de papeis e cartóns imos facerlle unha visita a Dona Papeleta, o colector de papel que hai moi cerca da nosa escola.

Disfrutamos moito da experiencia e sobre todo vimos onde acaba todo o papel e o cartón que día a día botamos nas papeleiras das aulas.

 

Xaneiro 13, 2012 | Deixe un comentario  

VIÑETA DE FORGES

ARELA

Picade aquí para ver unha  viñeta de Forges e  comezar o ano cun pouco de humor.

Xaneiro 5, 2012 | Deixe un comentario  

EN DEFENSA DO PLANETA

ARELA

Vídeo para os máis peques sobre algúns comportamentos da vida cotiá que repercuten directamente na conservación do  medio ambiente. Aínda que o título do vídeo é “Denuncia del maltrato infantil” non ten nada que ver con iso.

embedded by Embedded Video

YouTube Direkt

Xaneiro 5, 2012 | Deixe un comentario  

BLOG AMBIENTAL

ARELA

El Blog Verde é un blog moi interesante sobre medioambiente. Gustoume moito o artigo sobre o proceso de fabricación do papel.

El proceso del papel o de cómo un árbol se vuelve papel

Xaneiro 3, 2012 | Deixe un comentario  

AS ESTACIÓNS

ARELA

Hoxe os nenos coñeceron ó esquío Pío, un amigo de Tito. O esquío Pío vive nunha árbore e a través do conto “As estacións” imos ver que lle vai pasando á árbore en inverno, primavera, verán e outono. Tamén lle botamos un ollo ás ábores de folla caduca que temos no xardín e vimos que xa case non lle quedan follas.

 

Hoxe ademais de Tito veu a vernos o seu amigo o esquío Pío.

Os plataneiros de sombra xa case están sen follas.

Decembro 16, 2011 | Deixe un comentario  

ADORNOS DE NADAL

ARELA

As familias de Arela fixeron uns adornos de Nadal moi orixinais. Desde aquí damos as grazas a todos os que trouxeron adornos para dar ambientación navideña á escola.

Decembro 15, 2011 | Deixe un comentario  

SEPARAMOS LIXO

ARELA

Despois de ver o conto “Perdido na cidade” estivemos vendo os tres cubos do lixo que temos na aula e recordando que tipo de residuo vai en cada un deles. Aquí van unhas fotos.

Decembro 2, 2011 | Deixe un comentario  

CONTO SOBRE A RECICLAXE

ARELA

Presentámosvos o conto “PERDIDO NA CIDADE”, a través do cal introducimos ós máis pequenos na importancia da separación do lixo e da súa reciclaxe. Con este conto poderán facerse unha idea do colector que corresponde a cada tipo de residuo.

O conto conta a historia dun anaco de papel que está tirado no parque. Está moi triste porque non en amigos papeis. Entón as flores dinlle que ten que buscar pola cidade o colector de papel, que alí atopará outros papeis e cartóns. No seu paseo pola cidade coñece a Don Vidro, a Tico, a Bandullín e a Dona Papeleta. Neste último colector están os seus amigos.

 

Decembro 1, 2011 | Deixe un comentario  

Next Page →