O fume e as abellas…Para qué se usa???
Martes, octubre 20th, 2009De todos é sabido que o bó apicultor emprega fume cando se dirixe ás abellas, e en centos de cómix, debuxos animados e de máis podemos ver que esta táctica é empregada para espantar a estes insectos…
Pero…………  para qué se usa realmente e cómo afecta ás abellas??????????
O fume contén CO2 que incita as abellas a dúas cousas:
- Comer mel, o que rebaixa a súa tendencia a voar e picar
- É unha señal de perigo, co que tenden a marchar e deixan que o apicultor manexe o panal tranquilamente.
Para conseguir fume, o apicultor usa o afumador, que conta cas seguintes partes:
- Depósito cilÃndrico de metal, no que se mete algo de madeira cartón ou palla, para prender e formar fume
- Un fol, que o apicultor acciona para aumentar o fume que se produce
- Unha boca, pola que o fume sale cara ó exterior
