Natureza de Tordoia

anxo

1.Muiño entre Albán e Camposoandres

Este muiño localizado no municipio de Tordoia entre Albán e Camposoandres é un dos muniños que ao ir quedando sen uso vanse arruinando co paso do tempo, esquecidos ata case desaparecer reflectindo unha imaxe romántica do pasado.

2.Muiño de Xan


Nesta imaxe vemos a auga entrante para o muiño de Xan. Esta é outra paraxe de interese inda que un tanto recóndito é o muiño de Xan. Localízase nos meandro do río Pontepedra. Este miiño ainda segue en funcinamento moendo trigo, aunque en menos producción que en tempos antigos.

3.Fonte da Nosa Señora

Esta Fonte da Nosa Señora conta con unha área de lecer, esta fonte está situada no centro da área de lecer. Considerase unha boa fonte localizada no entorno do río Mordón ou Manxarín, na parroquia de Bardaos no concello de Tordoia.

4.Fervenza de Anxeriz


Esta fervenza localízase no municipio de Tordoia, na parroquia de Anxeriz. Unha fermosa fervenza no linde do concello de Carballo. Os accesos a esta fervenza para unha ruta de senderismo presenta certa dificultade ao estar en unha formación rochosa de gran altitude.

5.Brañas do río Pontepedra


Estas brañas sitúanse no nacente do río Pontepedra que forma unha braña onde se explotaron antigamente minas de titanio. Como se observa na imaxe o nacente do río é un singular regato de pouco caudal, que pouco a pouco irá medrando polo transcurso do río.

6.Río Lengüelle

Este río ofrece unha ampla veiiga na marxe dereita do río, as augas cristalinas deste río fan de fronteira de Tordoia ó leste nos lindes con Ordes e Oroso. Ofrecendo numerosas paraxes naturais de interese e para a práctica de deportes acuáticos como piragüismo e pesca.

7.Presa de Sillería

Como observamos nesta imaxe, vemos que nos representa un presa dunha sillería no municipio de Tordoia. É unha antiga presa de unha boa fábrica de pedra, ben conservada pero de pouca accesibilidade pola abundante vexetación que oculta o conxunto e os accesos.

8.Fonte de San Ignacio


Esta fonte localízase na parroquia de Cabaleiros no municipio de Tordoia, a escason 200 metros da igrexia de San Xián. Consévase unha galería escarvada na rocha de sabre para o abastecemento de auga do pobo. Esta fonte foi restaurada fai uns dous ou tres ano polo concello pola súa importancia artitectónica.

9.Refuxio de Pontepedra


Este refuxio localízase en Pontepedra, no concello de Tordoia. Este refuxio foi antigamente un muiño que está en proceso de restauración localizado no nucleo da Pontepedra no transcurso do río Pontepedra pode ser utilizado como refuxio.

10.A Ponte de Portella de Vilamartín


Esta ponte localízase no concello de Tordoiaa en Vilamartín. É unha ponte de mediados do século XX, das últimas que se realizaron no concello de Tordoia coa fábrica de tradición arcaica. O curso de auga que pasa por de baixo desta ponte ainda conseva a beleza de anos anteriores, xa que non se aprecia ningunha contaminación no ambiente.

11.As  Lagoas das Saiñas


As Lagoas da Saíñas son resultado de antigas explotacións de grava. Estas lagoas localizanse no concello de Tordoia. Hoxe en día poderíanse empregar como área verde ou de lecer se ben necesiran unha de

12.Fonte de Tibiáns


Esta fonte localízace no municipio de Tordoia en Tibiáns. Esta fonte conta cunha excelente auga de alta calidade. Está recién restaurada e é un paso da rúta de sendeirismo importante por visitar do concello.

13.Río Pontepedra


O río Pontepedra pódese consederar o eixe fluvial de Concello de Tordoia, ofrecendo numerosas paraxes de interese turístico. Este río conta con unha elevada cantidade de auga, aunque no verán descende conseiderablemente, e ainda mais nestes anos que case non precipitou neste concello.

14.Fervenza de Porto

Esta fervenza localízase no municipio de Tordoia, na parroquia de Andoio. Unha fermosa fervenza linda co concello de Ordes.Os accesos a esta fervenza para unha ruta de senderismo presenta certa facilidade de accesibilidade porque ao estar en unha formación rochosa de pequeno tamaño, non como están a maioría que son de gran altitude. Esta fervenza conta con unha fauna moi diversa.

15.Río das Cerdeiras

O río das cerdeiras está localizado no concello de Tordoia. Este é un dos ríos mais importantes deste municipio. O río contra con diferentes cascadas de pequeno tamaño no seu trallecto polo concello. Este curso alimenta as terras da parte sur do concello bañandoo de verdes árbores de folla caduca polo seu curso.

16.Fonte do Alto do Castelo

Esta fonte localízace no municipio de Tordoia en Alto Castelo. Esta fonte conta cunha excelente auga de alta calidade. Desde esta fonte divísase perfectamente a depresión meridiana Carballo-Tui, xa que Alto Castelo é o punto máis alto de concello de Tordoia con 569 metros de altitude. Está recién restaurada e é un paso da rúta de sendeirismo do concello.

17.Fervenza Acea de Estevo


A Ferveda do río Pontepedra conserva a peculiar toponimia. No mesmo entorno localizanse vestixios deunha antiga serraría hidraulica que actualmente segue en funcionamento, pero con menos uso ca en tempos pasados.

18.Embalse de Vilagudín

Este encoro localízase entre Tordoia, Ordes e Cerceda. Este encoro conta cunha variada fauna nas inmediacións. O alimento do embalse son as formacións borrascosas do Atlántico que descargan con tegularidade ó paso da penechaira.Este encoro conta con unha área recreativa localizada en Gorgullos en Tordoia.

19.Acea de Xan


A Acea de Xan encontrase na parroquia de Gorgullos, no concello de Tordoia. Esta acea destaca pola súa beleza e a súa importancia respecto a fauna esistente nese lugar. Neste ecosistema viven pequenos animais en conxunto coa auga, arbores e vexetación de pequeno tamaño.

20.O Muiño de Auga


O muiño é unha máquina que utiliza a forza da auga do río para moelo gran. Para iso move dúas  grandes pedras e no medio o gran; estas grandes pedras son capaces de converte-lo gran en fariña, sexa de centeo, trigo ou millo.Os muíños de río presentan dous tipos fundamentais: os de rodicio coa roda motriz horizontal, que son os máis antigos e abundantes e os de bruia coa roda motriz vertical, que son máis recentes e se coñecen co nome de aceas. O muíño destinado ó trigo denomínase muíño albeiro.

21.O Ciclo Da Auga

O ciclo hidrolóxico  ou  ciclo da auga é o proceso de circulación da auga entre os distintos compartimentos da hidrosfera. Trátase dun ciclo biogeoquímico no que hai unha intervención mínima de reaccións químicas, e a auga soamente trasladase de uns lugares a outros ou cambia de estado físico.

22.Os Estados Da Auga

Os estados da auga son os seguintes: Sólido, Gasoso e líquido. A Auga é a única substancia que existe a temperatura ordinaria nos tres estados da materia. A auga está presente en estado sólido nos polos, glaciares, neve, granizo, escarcha,… en estado líquido na chuvia, rocío, lagoas, ríos, mares, océano,… e en estado gasoso na néboa ou nas nubes

23. O Uso da Auga

A  Auga  no  noso  país  é  un  ben  escaso  e  estamos  obrigados  a  utilizala  racionalmente.  A  maior  parte  da auga  consumida dedicase  a  agricultura,  para  regar  unas  3.500.000 hestáreas,  xa  que  na   zona  do  mediterráneo  contan  con  poucas precipitación  é  necesario  regar  as praderías  con  cultivos  para  que  poidan  medrar  e non  sequen.  O resto,  un  20%  usámolo  nas  nosas  industrias  e  nos  nosos  fogares.

24.  A Contaminación Da Auga


A Incorporación a auga de materias estrañas, como residuos industriais, produtos químicos ou augas residuais provocan o deterioro da calidade da auga e fana inútil para o uso pretendido. Os principais contaminantes da auga son os seguintes.

1.Augas residuais.

2.Axentes infecciosos.

3.Nutrientes vexetais que poden estimular o crecemento das plantas acuáticas.

4.Produtos químicos, pesticidas, residuos industriais, etc.

5.Petróleo.

6.Sustancias Radioactivas.

25. A Calidade da Auga


Debido a capacidade de disolver numerosas sustancias en grandes cantidades , a auga pura case non existe na naruteza.

Na atmosfera durante a condensación e precipitación, a chuvia ou a neve absorben cantidades variables de dióxido de carbono e outros gases.

Na corteza terrestre, a auga reacciona cos minerais do solo e das rochas.

Nas augas subterráneas , a auga reacciona con grandes cantidades de compostos de nitróxeno e de cloruros.

A Auga do mar conten grandes cantidades de cloruro de sodio ou sal.

Case todos os suministros de auga potable natural conteñen fluoruros en cantidades variables.

26. Importacia da Auga nos Seres Vivos.

A auga é unha fonte de vida, toda a vida depende de auga. A Auga constitúe un 70% do noso peso corporal. Necesitamos a auga para respirar, para lubricar os ollos, para desintoxicar os nosos corpos e manter constante a súa temperatura. Por eso, aunque un ser humano pode vivir por mais de dúas semanas sen comer, pode sobrevivir soamente tres ou catro días sen tomar auga. As plantas serían incapaces de producir o seu alimento e crecer sen a auga.

27.Propiedades da Auga

A Auga é unha sustancia líquida dormada por a combinación de dous volúmes de hidróxeno e un volume de osíxeno, que constitue o componente máis abundante na superficie terrestre.

A auga químicamente pura é un líquido inodoro e insípido; incoloro e transparente.

A auga é a única sustancia que existe a temperaturas ordinarias nos tres estados da materia: sólido, líquido e gasoso. A auga é, quizais o composto máis importante nas actividaes do home e tamén máis versátil.

junio 6, 2011 | 3 Comments  

COMMENTS

 

Trackback URI | Comments RSS

3 Responses para “Natureza de Tordoia”

  1. avatar adrian riveiro on julio 2, 2011 9:00

    pero que ben feito esta este blog. notase que o fixeron uns profesionales

  2. avatar anxo on julio 6, 2011 21:57

    hay que riveiro!

  3. avatar anxo on octubre 4, 2011 18:42

    homeee!

Deja un comentario