Archivo para mayo, 2010

A planta da abelleira

Miércoles, mayo 26th, 2010

É unha planta que se utiliza para fregar na colmea para que as abellas se instalen na nova colmea utilizábase hai moito tempo. O dia 11 de maio fomos as abellas e collemos esas plantas na casa de unha amiga de Xosé e levámolas as colmeas e plantámolas e esperamos que sigan crecendo e non morran.

RECONTO DE ZÁNGANOS E VARROAS

Martes, mayo 25th, 2010

Onte estiben con xosé lois facendo un reconto de várroas e zánganos nun núcleo que trouxo do monte e estudámolo no laboratorio da e.f.a contando os zánganos e varroas que había.

CRIA E RENOVACIÓN DE NAIS

A duración da vida dunha nai pode alcanzar os 5 ou 6 anos,aínda que na apicultura considerase que a rendibilidade da colmea decrece cando a nai pasa dos 2 anos de vida.

Un modo sinxelo de realizado:elimínamo-la nai non satisfactoria. Despois de 6 días destruímos tódalas realeiras existentes,retiramos un cadro procedente dunha colonia selecta,este cadro será de cría aberta,con ovos e larvas de menos de tres dias,e realizase preferentemente na primavera.

os pasos dunha abella

Jueves, mayo 13th, 2010

Pasos que fan as abellas cando saen da colmea por primeira vez:

1.oriéntanse.

2.buscan olores familiares para saber onde están.

3.móvense por toda a colmea para diferenciala das demais.

4.despexan a facer o seu traballo de polinización.

seguridade

Jueves, mayo 13th, 2010

o necesario sempre levar seguridade na cabeza e tamén un traxe de plástico para evitar  o resto de picaduras pero non podemos esquecer as mans e botas, tamén e importante saber se o abelleiro e alérxico as picaduras de abellas por que si e alérxico hai que tomar unhas medidas de protección moi estritas.

transporte de xestas

Martes, mayo 11th, 2010

O outro dia fomos a unha horta dun amigo de Xosé Lois para ir cortar xestas. Cando acabamos de cortar as xestas tivemos que transportalas a onde estaban as abellas para facer o tellado dunha colmea das antigas para que non lle chovera e as outras xestas que estaban secas tivemos que levalos a un sitio detrás das colmeas chamado por nos vertedeiro.

Tamén tivemos que transportar madeira e troncos grandes que estaban tirados por alí.

A finalidade de ese traballo era limpar a horta para poder estender a superficie das colmeas.

ojd