ABELLEIROS NA PROCURA DE SOLUCIÓNS PARA O “SÍNDROME DO DESPOBOAMENTO DAS COLMEAS”
Consiste en que unha colmea ou abellariza perde poboación ata quedar sen abellas. En apariencia a colmea non mostra signos de anomalías e manten tódalas reservas de mel.
Este fenómeno é alarmante no inverno e o sofren as colmeas máis poboadas e os núcleos acúsano menos.
As causas son múltiples, segundo estudos, algunhas orientacións poden ser ondas magnnéticas, flores contaminadas, pole da reserva contaminado, falta de hixiene, aumento de parásitos, intoxicación por plaguicidas e pesticidas…
C A S O
a) SETEMBRO
Colmea que inverna con nove cadros de abellas, cría xoven, tres de cría opereculada e as pertinentes reservas.
b) FEBREIRO
Só un puñado de abellas e mestra. Unhas setentas abellas operculadas e a tres días do nacemento. As provisións son moi similares ás de setembro.
c) COMPARACIÓN ENTRE ENXAMES DA ABELLARIZA
As colmeas máis afectadas son ás máis poboadas en setembro e os núcleos mantéñense nos niveis previstos. Noutros tempos e non hai máis de dez anos, o normal, era que unha colmea forte en setembro na primaveira sería moi boa.
CONCLUSIÓN
Comprobar se a variable tempreratura pode diminuír o “Síndrome do despoboamento das colmeas”.
LARGA VIDA ÁS ABELLAS QUE AXUDAN Á BIODIVERSIDADE
+ aló do inf… impen… (T…)