Archivo para febrero, 2010

PODES GAÑAR TRES EUROS POR CADA ABELLA (Apis mellifera)

Lunes, febrero 8th, 2010

As abellas son as mellores defensoras do medio ambiente e biodiversidade.

Agradecer, todos estaremos de acordo, a un sin fin de abelleiras/os afeccionadas/os, semiprofesionais e profesionais por cuidar, defender e axudar a desenvolver esta actividade.

Dise que se desaparecen as abellas a vida no planeta Terra remata en tres anos.

Amiga/o urbanita/o, propoño que toda/o abelleira/o cobre por cada abella (apis mellifera) tres euros. Os euros serán aportados directamente polos urbanitas e subsidiariamente polo estado para ás/ós apicultoras/os.

LARGA VIDA ÁS ABELLAS OU APIS MELLIFERAS.

Atentamente un saúdo de 3XL dende a escola das abellas

T…Q…”A…to”+aló do infinito impensado.

Visita de xoves apicultores a Arzúa

Lunes, febrero 8th, 2010

Co fin de participar na feira apícola de Arzúa que se celebrou este pasado sábado 6 de Febreiro, un grupo de apicultores partiron de Fonteboa.

Estas son as impresións de Kevin, alumno de 3º de ESO que leva 2 anos iniciándose no mundo das abellas:

Hola a todos, chámome Kevin e son un principiante no tema das abellas. Vouvos contar: o sábado 6 de febreiro fun á reunion de apicultores de Arzúa(apicultores da Asociación de AGA e Erica), estivo moi moi ben. Alí había material de apicultura de todo tipo: alzas medias, alzas, piqueiras ,cadros, antibióticos de todo tipo, etc. Cando chegamos, reunímonos un grupo de apicultores e fomos a unha tertulia.

Un señor moi experimentado falaba das enfermidades como a locus americana, a locus europea,varroa e moitas máis, e tamén dicía a maneira de curalas. Despois desa tertulia, déronlle o turno a unha señora que nos dicía porque estaban a desaparecer as abellas e de quen era a culpa e os danos que producía. Despois, reunímonos un grupo de apicultores e fomos comer a un restaurante. Despois da comida que estivo moi boa fomos a un museo vivente do mel.

ojd