Archivo para febrero, 2010

El nacimiento de la abeja

Sábado, febrero 27th, 2010

A)Fase huevo:

La abeja es un insecto y como tal nace de un huevo,en este caso de un huevo puesto por la reina.Por eso,para saver si la reina sigue en una colmena,viva o no, es suficiente con mirar el panal y cercionarse de que hai huevos.

B)Fase larvaria:

La larva que surge del huevo suele estar sin salir en la celdilla del panal y es alimentada por las jóvenes obreras.Así pasa  diez días.A partir del noveno día le colocan una tapa de cera llamada opérculo a la celdilla donde ha crecido la larva y es en esta celda cerrada donde  sufre la metamorfosis para convertirse en ninfa.

A XUNTANZA DE ABELLEIROS CONSOLIDA A INVESTIGACIÓN

Jueves, febrero 25th, 2010

No “polo de competencias” da EFA Fonteboa, Coristanco (A Coruña), celébranse sesións sobre a apicultura.

A finalidade é o intercambio de expreriencias sobre a vida das abellas, manexo do apiario e tecnoloxía apícola.

O método de traballo é a quenda de palabra, os asistentes acompañan os razonamentos con datos observados no propio colmear ou con algún trebello como innovación.

O pacto é só falar das abellas e non hai ningunha outra vinculación no grupo “Amigos das abellas”.

Ó remate da xuntanza decídese o mes, día e hora para a vindeira sesión.

Destacar que, finalizada a xornada, algunha / algún abelleira /ro queda para ver ou realizar prácticas na abellariza doutro que realice algunha tarefa ou innovación.

LARGA VIDA ÁS ABELLAS PARA A DEFENSA DA BIODIVERSIDADE

Onde están as publicacións D. Kevin, D. Rubén, D. Javier/s e D. Iván ?

M…aló do inf…imp…

O tempo nas abellas

Jueves, febrero 25th, 2010

Malia o tempo que está a facer o abelleiro e profesor Xosé Lois non nos deixa subir as abellas. Estou desexando rematar o traballo que deixamos a medias. Pareceume bastante interesante o tema de facer escaleiras ecolóxicas polo tema de non contaminar nada. Tamén estivemos plantando castaños e carballos e pola outra banda estibemos cortando eucaliptos para que as abellas produzan mel de castaño e carballo.

Repoboando castiñeiros

Miércoles, febrero 24th, 2010

AS ABELLAS

un dia fomos as abellas con xosé lois, e cando ibamos para polo monte

paramos nun valado a coller uns castiñeiros e uns carballos,arrancamolos e fomos onda as abellas,xose esplicounos todo o que tiñamos que facer,dividiunos en 2 grupos.Eu e diego ferreiro inxertar castiñeiros e diego manero e ismael garcia plantaron carballos.eu e ferreiro cando acabamos xose mandounos limpiar unha silveira para plantar ali uns frutais.

Ao acabar fomos para onda o coche por outro camiño que creo que ainda era mas grande que o outro,cando chegamos aocoche estabamos todos mollados por que chovera toda a tarde.Cando chegams a efa cambiamonos e merendamos e despois descansamos por que tabamos mui cansados.pasamolo ben e esperamos volver pronto

Revisión externa da piqueira

Miércoles, febrero 24th, 2010

O porque da mortandade das abellas dianta da piqueira:

En “arco”: Aparecen abellas mortas formando un semicírculo arredor da piqueira. Indica problema sanitario grave interno da colonia (nosemiase ou acariase, polo xeral). Débese verificar-lo  estado interno da colonia e recorrer ó diagnóstico de laboratorio se é  preciso.

Ámbalas dúas doenzas provocan mortandades importantes de colonias  (a nosemiase máis rapidamente) .

O ciclo do parasito na nosemiase é de cinco días e na  acariase  é dun mes-

Son contaxiosas,e sobre todo a nosemiase rebrota en condicións favorables (humidade e temperatura suave).

XURDE O BANCO DO TEMPO ENTRE ABELLEIROS

Jueves, febrero 18th, 2010

Ó remate do ano 2009 aparece a idea de que tódalas/os abelleiras/os da comarca de Bergantiños e redores, estén conectados ás novas tecnoloxías.

Na “Xuntanza de abelleiros” madura a idea e ponse en marcha. Hoxe hai un grupo, a media da idade está por riba dos 65 anos, que son de varios concellos do redor de Coristanco. Contan coa axuda de Martín F., Javier V. e Fernando D. alumnos da EFA Fonteboa. Exercen como monitores ou formadores.

No momento presente, ditos monitores, estudan na aula e están a disposición para as consultas ou dúbidas  que teñan  cos trebellos informáticos.

Como anécdota, un abelleiro dicía que lle tiña medo ó ordenador e en especial ó rato. Agora todos teñén o seu correo electrónico, manexan o sixp e un curso de mecanografía. Varios pensan na posibilidade de mercar un portátil.

LARGA VIDA ÁS ABELLAS PARA A DEFENSA DA BIODIVERSIDADE.

D… o máis al… d… inf… imp…T… Q…

Mellorando os accesos ó apiario.

Miércoles, febrero 10th, 2010

Eu Javier Castro e mais Javier Pena estamos axudamdo a facerlle un magnifico sitio para as abellas. A nosa misión é usar materiais como eucalipto.

Estamos a facer unhas escaleira para acceder facilmente os colmenares.

Consiste en facer a estructura de terra, e para que a terra non se vaia coa choiva, recubrimos cuns barrotes de madeira, e atravesamos outros para que quede firme.

Tamén, fixemos un pasamáns se usar ningunha punta nin nada diso, só usamos madeira, terra ou fíos se é necesario.

Escaleiras ecoloxicas nas abellas

Miércoles, febrero 10th, 2010

Hola, chámome Javier Pena e vouvos contar o que facemos nas abellas:fixemos unhas escaleiras para que sexa máis doado andar polos arredores das abellas.

Non empregamos ningún material contaminante é todo     ecolóxico, todo feito con terra e paos de eucalipto.

Collemos os eucalitos da leira na que estan as abellas e procuramos cortar os máis delgados.

Deste modo eliminamos os árbores que non son autóctonos de Galiza

Ampliación da información sobre a visita a Arzúa

Miércoles, febrero 10th, 2010

Son un principiante no tema das abellas pero polo que sei é un tema moi interesante e cada dia aprendes una cousa nova. Vouvos comentar máis a fondo saída a Arzúa. Alí había una tertulia ou exposición da aga (asociación galega de apicultores) estivo moi ben, primeiro fomos a una tertulia moi interesante, un señor estívonos falando das enfermidades que son as que eu vos vou comentar:

-LOQUE AMERICANA/EUROPEA

·afecta a cría que esta dispersa polas celas

·olor desagradable das celas onde morreron as larvas (olor podrecido)

·LIMPIEZA

·desinfección do fondo da colmea

·cambiar os cadros vellos por novos

·TRATAMIENTOS

·aceite de semilla de pomelo e una das solucións que pode a axudar a colmea

-POLLO ESCALLOLADO/MICOSIS

·ESPORAS(necesitan tres dias para xerminar despois van se propagando polo corpo

no caso das larvas vanse propagando en fora de un especia de sabana branca e no caso

das abellas adultas vainas recubrindo de una capa negra

-MALNUTRICION

·falta de néctar ou mel que fai que a colmea mora por falta de alimento

·TRATAMENTO

·darlle néctar ou mel mediante comedeiros mirar o estado da colmea

-POLILLA

·vai furando as alcas de cera e vai facéndolle desperdicios as abellas ,as abellas non poden facer nada aparte matar a polilla

·TRATAMENTO

·pois en México úsanse unas avespas moi pequenas que van poñer os seus ovos dentro dos ovos das polillas

Varroa

·pois entra na colmea e metese nunha cela que esta a punto de opercular cando se cerra e cando se empeza a reproducir e vaise alimentando das larvas e despois saen con malformacións ou xa non crecen e moren

·TRATAMENTOS

·fondo con regrilla de ferro para que caia a varroa para baixo ,no caso que este moi infectada sacarlle a alza onde ten os zánganos por que onde mais van ir a varroa a reproducirse,utilizar antibióticos para eliminala.

Isto e o que nos explicaron despois houbo outras tertulias pero non foron tan interesante. Una señora estívonos explicando por que estaban desaparecendo tantas colmeas e despois houbo outra charla para os da asociación de aga .

Traballos En “Fraga Xorda”

Miércoles, febrero 10th, 2010

O pasado mes de Xaneiro varios alumnos de Fonteboa foron aos seus enxamios no monte “Fraga Xorda”, a cambiar os enxamios de sitio porque antes os enxamios estaban nuns bloques de cemento moi preto do chan e cambiámolo a outros bloques de cemento a un metro de altura para mellor comodidade. Tamén viu un veterinario de abellas para legalizar os enxamios.

Mentres tanto outros dous rapaces (Javier Pena e Javier Castro) fixeron unhas escaleiras 100% naturais de terra dura , para fixalos poñíase pequenos troncos de madeira presionados aos tramos finais das escaleiras.

Cortamos alguns eucaliptos de enfrente.Fixemos un acordo co dono do monte ,porque nesa zona soe haber moitos incendios, e decidimos poñer unhas ringleiras de arbustos que non queimen e que so boten fume, a modo de cortalume, e á vez que teña bastante polen para as abellas.

ojd