EFA Fonteboa (Coristanco)


As instalacións undimotrices requiren dunha alta inversión e un maior desenvolvemento tecnolóxico. Os seus responsables deben mellorar en varias cuestións, como a súa eficiencia ao aproveitar o movemento non lineal e esquivo das ondas, ou a súa resistencia ao embate das mesmas, e todo iso cun custo asumible. Por iso, este tipo de instalacións aínda non son competitivos.
Por outra banda, a tecnoloxía undimotriz presenta incluso máis vantaxes que outras renovables: trátase dunha enerxía constante e inesgotable, xa que sempre hai olas, e o seu impacto no entorno tamén é menor
As ondas son xeradas polo vento que pasa sobre o mar: sempre que as ondas se propagan máis lentas que a velocidade do vento situado xusto enriba delas, hai unha transferencia de enerxía dende o vento ata as ondas máis enerxéticas. Tanto as diferenzas de presión entre o barlovento e o sotavento da crista dunha onda, así como a fricción sobre a superficie da auga pola cizalladura do vento, causa o crecemento das ondas. A altura das ondas increméntase cando aumenta:

A enerxía undimotriz é o transporte da enerxía producida polo movemento das ondas e a súa captación para aplicala en facer un traballo útil; por exemplo, para a xeración de electricidade, a desalinización, ou o bombeo de auga (en depósitos). É unha fonte de enerxía renovable menos coñecida e estendida cá maremotriz, pero cada vez se aplica máis.
A enerxía hidráulica é un tipo de enerxía obtida a partir da enerxía potencial dunha masa de auga. Esta enerxía maniféstase en estado natural nos fluxos de auga, como nos ríos e lagos e pode ser aproveitada por medio dun desnivel ou encoro. Pode ser convertida en enerxía mecánica a través de turbinas hidráulicas ou muíños de auga. As turbinas á súa vez poden ser usadas como accionamento dun mecanismo industrial, coma un compresor ou un xerador eléctrico, coa finalidade de prover enerxía eléctrica para unha rede de enerxía.
A potencia máxima que pode ser obtida a través dun desnivel pode ser calculada polo produto P = ρQH
As principais funcións biolóxicas da auga son:

As augas termais ou caldas son o conxuntos de augas minerais que saen do chan a 5 graos máis de temperatura que a dasuperficie. Estas augas proceden de capas subterráneas da Terra que se encontran a maior temperatura, as cales son ricas en diferentes compoñentes minerais e permiten o seu emprego na terapéutica como baños, inhalacións, irrigacións e calefacción.
Aviso legal Política de privacidad Condiciones generales Todos los derechos reservados por lavozdegalicia.es. Suscribirse a Entradas RSS o a Comentarios RSS.