Monthly Archives: Decembro 2017

RECOLLIDA DE ALIMENTOS

DENDE A EEI VILA LAURA PARTICIPAMOS NA RECOLLIDA DE ALIMENTOS NON PERECEDEIROS PARA COLABORAR CO BANCO DE ALIMENTOS DA NOSA CIDADE.

 FIXEMOS UN COLLAGE CON ALGUNHAS IMAXES. PINCHA NO ENLACE:

ELABORANDO XURRO DE LENTELLAS

NESTA SESIÓN DA HORTA ELABORAMOS XURRO DE LENTELLAS PARA REGAR A NOSA HORTA. ESTUDIAMOS TODO O PROCESO:

        

FINALIZADE:   Funciona como enraizante natural para empregar no rego das sementeiras e das prantas.

 

UTENSILIOS:

  • Cunca
  • Cubo ou similar de plástico
  • Pano (máis grande que o cubo)
  • Batedor eléctrico
  • Coador

 

INGREDENTES: LENTELLAS  E AUGA

FABRICACIÓN

  • Proporción: 1 cunca de lentellas por 4 cuncas de auga
  • Poñer as lentellas en auga nun cubo ou similar de plástico. Tapamos cun pano, para que non teñan luz, e deixamos repousar 3 ou 4 días.
  • Despois dese tempo as lentellas están xerminadas (presentan raíz).
  • Batemos (todo xunto: lentellas e auga) coa axuda dun adulto co batedor eléctrico ata facer unha pasta.
  • Colamos moi ben de xeito que na cunca quedará o líquido resultante. O líquido é como leite e cheira a regaliz PERO NON BEBER!!!!
  • IMPORTANTE
  • O líquido resultante é moi concentrado e non se bebe.
  • Nalgúns casos as lentellas non xerminan, nese caso as mantemos 8 horas máis. Posteriormente retirar a auga (GRAMÁNDOA) e poñer as lentellas nun lugar húmido. Ao 4º día volver a meter as lentellas na auga que retiramos e continuamos o procesos.
  • A mestura dura 10 ou 15 días na nevera.

 

APLICACIÓN:

  • Disolver en auga nunha relación 1 parte de xurro por 10 de auga,  para empregar como caldo de rego.

 

 

 

E NO ENLACE TENDES UNHA MONTAXE

 

UNHA MAÑÁ FACENDO PAN

COMO XA VÍSTEDES ESTIVEMOS INVESTIGANDO SOBRE O MILLO, E COMO REMATE FINAL FIXEMOS UNS PALIÑOS E UNHAS BOLIÑAS DE PAN RIQUÍSIMAS.
PENEIRAMOS O MILLO QUE PREVIAMENTE MOÉRAMOS E MESTURÁMOLO CON AUGA MOI QUENTE, SAL E LEVADURA E FIXEMOS UNS BOLIÑOS PARA COCER.
COMO ESTA MASA É MÁIS DIFÍCIL DE MANIPULAR E APROVEITANDO TAMÉN PARA PODER VER AS DIFERENCIAS, FIXEMOS AO MESMO TEMPO PAN DE TRIGO. MESTURAMOS TAMÉN AUGA, SAL, LEVADURA E UN POUQUIÑO DE ACEITE E AMASAMOS. ESPERAMOS ALGO MÁIS DUNHA HORA PARA QUE  SUBIRA E DESPÓIS ESTIRAMOS CO RODILLO. CORTAMOS UNHAS TIRAS PARA FACER OS PALIÑOS E DEIXAMOS UNS MOLETES PEQUENOS. E AO FORNO!!!
ESTABAN RIQUÍSIMOS!!!