Coñecíades as cápsulas reutilizables para as cafeteras. Para o claustro da escola foi un gran descubrimento e estamos a mudar o consumo indiscriminado de cápsulas e reducindo así a cantidade de residuos plásticos xerados.
ADMINISTRACIÓN
BÚSQUEDA
Coñecíades as cápsulas reutilizables para as cafeteras. Para o claustro da escola foi un gran descubrimento e estamos a mudar o consumo indiscriminado de cápsulas e reducindo así a cantidade de residuos plásticos xerados.
Coñecedes esta marca de zapatillas???
Entrade no enlace e mirade a inciativa proposta para este Black friday. Con pequenos xestos consíguense grandes resultados. Neste caso o consumo responsable e a redución de uso de plásticos. E ademáis son españolas!!!!
Os nenos e nenas de 3 anos crearon un recuncho para experimentar libremente e deixar voar a imaxinación. Aquí tedes o resultado!!!
“Lemon”, unha curtametraxe para concienciar da importancia de manter un planeta libre de residuos plásticos.
os nenos e nenas de 4 anos estudaron a cabaza e o corazón da mesma onde atoparon as tan prezadas sementes que despois plantaron.
Nós non o fixemos na casa senón na escola. Dende o comezo de curso estamos a gardar os restos das merendas (reutilizar en vez de tirar), a maioría restos plásticos como son os envases dos iogures, bebibles ou envoltorios, e chegou o momento de usalos. Que tal se os organizamos seguindo diferentes criterios e deixando ao alumnado voar a sua imaxinación???? isto foi o que pasou o primeiro día cos nenos e neas de 3 anos.
E iste foi o resultado final:
Toda unha obra maestra, non sí???
Agora deixamos un recunchiño na aula para que libremente experimenten, proben , creen e se convirtan en verdadeiros artistas (que xa o son) do Knolling.
Os nenos e nenas de 4 anos cociñaron coas suas titoras marmelada de amorodo. Están feitos uns grandes chefs e…que ben arrecendía o cole!!!Ummmmm!!!
Os nenos e as nenas de 4 anos foron o pasado mércores aos hortos urbanos da vila. Alí puideron plantar o plantel que levaban, propio da horta de inverno e tiveron a sorte de recolleitar os últimos froitos da horta de verán!!!
Os nenos e nenas de 5 anos sairon a pasada semana a recoller lixo nunha das contornas naturais máis espectaculares da nosa vila, no río Landro, puidendo observar toda a flora e fauna que no meandro habitan así como a importancia de manter o lugar limpo e coidado.