Arquivos da etiqueta: refugallo

Cerbatana de refugallo

As familias elaboran cerbatanas de refugallo coma as dos indios cherokee, dentro das investigacións do noso proxecto.

Publicado en Todas | Etiquetado , , | Deixa un comentario

Construción 3D de refugallo

NO TALLER DE ARTE COÑECIMOS A RINUS ROELOFS, MATEMÁTICO E ESCULTOR. TRABALLA CON FIGURAS XEOMÉTRICAS, COAS QUE CREA ESCULTURAS INCRÍBLES EN METAL, MADEIRA, PAPEL, IMPRESIÓN 3D… ALGUNHAS DAS SÚAS ESCULTURAS LÉMBRANNOS A XOGOS DE CONSTRUCIÓN EN 3D CON PEZAS ENCAIXABLES. … Sigue lendo

Publicado en #mesturArte, RECICLAXE | Etiquetado , | Deixa un comentario

Abecedario de refugallo

Para traballar o noso abecedario, e os seus sons, propuxemos crear un abecedario de refugallo con tapóns de botellas. Velaiquí o resultado!

Publicado en Todas | Etiquetado , | Deixa un comentario

Crocodilo de refugallo

Esta semana, dende Voz Natura, deixámosvos este titorial de crocodilo que tanto nos gustou facer. Se conseguides facer este ou outros animais, enviádenos fotos! Adiantámosvos que temos unha sorpresa a semana que vén na que empregaremos estes sorrintes animais para … Sigue lendo

Publicado en #mesturArte, ReciclARTE, RECICLAXE | Etiquetado , , , | Deixa un comentario

Teléfono de refugallo

Hoxe a profe de música proponnos como medio de transmisión de son, a creación dun teléfono empregando vasos de iogur baleiros, fío e escarvadentes. Clica na imaxe para saber como.

Publicado en ReciclARTE | Etiquetado , , | Deixa un comentario

Refugallando

O refugallo, gran recurso para o aprendizaxe. Aquí tedes algún exemplo.

Publicado en Todas | Etiquetado , , | Deixa un comentario

Lanzamentos de refugallo

Dende psicomotricidade propóñennos exercitar a puntería a través dun xogo que podedes recrear facilmente na casa reutilizando papeis vellos e cinta adhesiva. Clica na imaxe para ver como.

Publicado en ReciclARTE | Etiquetado , , | Deixa un comentario

Refugallo na casa

Os nenos e nenas de Barrionovo axudados polas súas magníficas familias crearon esta semana instrumentos musicais como os dos indios norteamericanos e os seus tipis con elementos de refugallo. Moitas grazas a tod@s por participar!

Publicado en #mesturArte, Todas | Etiquetado , , , , , | Deixa un comentario

XOGO DE SOPRO CON REFUGALLO

Cada día, a profe Aida no su blog http://oslaretasdobarrio.blogspot.com/ tráenos unha proposta relacionada coa audición e a linguaxe. Hoxe proponnos practicar o sopro cun divertido xogo con materiais de refugallo. Materiais para o xogo: – 1 recipiente fondo – Auga … Sigue lendo

Publicado en ReciclARTE, RECICLAXE | Etiquetado , , , | Deixa un comentario

Día da bici

Xa saberedes que dende Voz Natura defendemos o uso da bicicleta, como medio de transporte máis respectuoso co medioambiente. Dende psicomotricidade propóñennos a creación dunha bicicleta estática para que todos os nenos e nenas poidades facer algo de exercicio cada … Sigue lendo

Publicado en ReciclARTE | Etiquetado , , | Deixa un comentario