Neste percorrido que facemos polos bosques non podiamos deixar de traballar a Gustav Klimt no seu 150 aniversario. Recreamos así un dos moitos cadros de bosques da súa Austria natal . Bastonciños ,témperas e a impresión dunha cortiza de árbore coas ceras brandas foron os materiais empregados nas nosas producións.
Os bosques siguen medrando en Barrionovo. Nesta ocasión, na celebración da Semana da Prensa, foi un bosque de papel do xornal.
O papel do xornal ,os nosos debuxos, as tintas e unha caixa de cartón , foron as sementes empregadas no nacemento do BOSQUE PRESS.
Desde a Escola de Barrionovo suscribimos a viñeta de hoxe de Pinto & Chinto na Voz de Galicia.

Hoxe , seguindo o deseño dos nosos planos, plantamos no horto as sementes que entre todos escollemos.
Publicado en HORTO ESCOLAR
|
O alumnado de Barrionovo celebrou o Día da Árbore cunha plantación de castiñeiros na parroquia de Larín. Grazas aos técnicos de medio ambiente do Concello de Arteixo, aos veciños de Larín e a Consellería do Medio Rural , por facer deste un día inolvidable e permitirnos reforestar o noso concello.
Traballando as noticias do martes na Semana da prensa, atopámonos cunha que non nos gustou nada. Falaba da gran cantidade de lixo acumulado na praia da Pobra. O comentario da aula de 4 anos á noticia foi que non debemos tirar o lixo nas nosas praias porque poden morrer moitos animais e estropeamos o paisaxe.

Traballando a Semana da Prensa, escollimos como noticia relevante do xornal do luns a da oleada de incendios que sufrimos estes días en Galicia O comentario da noticia por un neno da aula de 4 anos foi: No cuidamos los Bosques.

Este é o Insecto Palo recreado por Nicolás ,da clase de 4 anos, e asúa familia a partir da lectura do libro Camuflajes da editorial SM.

Sobre a base da pluma pegamos discos desmaquilladores, unha vez completo cun rotulador trazamos os nervios.
Xa estamos listos para ir ao concerto de “Mamá Oca” da Orquestra Sinfónica de Galicia.

En Barrionovo o Bosque animouse moito nesta xornada de Entroido. As árbores, trasnos, fadas e todo tipo de animais e seres do bosque percorreron as rúas de Pastoriza e visitaron o Instituto. Para repoñer forzas todos eles compartiron un almorzo de Entroido.
Como vedes as familias deron unha nova mostra de inxenio na elaboración dos disfraces.
Grazas a todos os que fixeron posible unha xornada tan animada.