Arquivo da categoría: CAMIÑANTE

Sementamos céspede no noso xardín

Os nenos e nenas de Barrionovo facémonos cargo da limpeza e mantemento do espazo verde da nosa escola. Como sabedes, fomos nós quenes limpamos o xardín de malas herbas cando despois do confinamento atopámonos cunha auténtica selva no noso patio. … Sigue lendo

Publicado en CAMIÑANTE | Etiquetado , , , , , | Deixa un comentario

Analizando o que levan as peregrinas na aula azul

Retomamos a búsqueda de información. Gracias ás aportación das familias, dos Bits, e da mochila que deixaron as peregrinas, na aula de tres xa casi temos o reto conseguido!

Publicado en CAMIÑANTE | Etiquetado , , | Deixa un comentario

Sementando en tres anos

Na aula de tres pechamos o ciclo da cabaza sementando as súas pipas. Despois de baleiralas para facer os nosos calacús, e compostar o seu interior, hoxe plantamos para poder colleitalas o ano que vén.

Publicado en CAMIÑANTE | Etiquetado , , , , | Deixa un comentario

Vermislab: reciclando a Basuraleza do camiño

Hoxe levouse a cabo un obradoiro de Biblioteca Creativa a cargo de Vermislab no que nos fixeron reflexionar sobre a “Basuraleza” que atopamos no camiño. Trouxeron á escola robots capaces de seguir un camiño e amosáronos con eles a importancia … Sigue lendo

Publicado en CAMIÑANTE | Etiquetado , , , | Deixa un comentario

Disfraces de refugallo!

Grazas a todos os nenos, nenas, profes e familias que participastes na iniciativa de crear os vosos propios disfraces! Reciclando roupa e accesorios que xa tiñades por casa en lugar de mercar novos quedáronvos uns disfraces ben terroríficos!

Publicado en CAMIÑANTE | Etiquetado , , , | Deixa un comentario

Sar Sarela e os monstros de Compostela

A BIBLIOBN PREPAROUNOS CUN ENCONTXO MOI ESPECIAL “SAR SARELA E OS MONSTROS DE COMPOSTELA”, UN CONTO QUE NOS ACHEGA AS GÁRGOLAS DA CATEDRAL DE SANTIAGO E A SÚA HISTORIA. DESPOIS, NAS DIFERENTES AULAS, TRABALLAMOS AS GÁRGOLAS CON ACUARELAS E NA … Sigue lendo

Publicado en CAMIÑANTE | Etiquetado , , , | Deixa un comentario

Un Samahín Voz Natura!

En Barrionovo nada nos para á hora de preparar unha festa e máis se esa festa é o Samahín, así que este curso decidimos facer no noso horto un obradoiro de decoración de cabazas. Cada pequeno grupo burbulla escolleu e … Sigue lendo

Publicado en CAMIÑANTE | Etiquetado , , , , , | Deixa un comentario

Samahín de refugallo

Publicado en CAMIÑANTE | Etiquetado , , , | Deixa un comentario

Samaín 2020: a lenda do peregrino

Comezamos a nosa celebración do Samaín cunha videochamada na que se presentaron as actividades da semana. Poderemos subir á biblio-cemiterio, desenterrar e ler un conto de medo. Ademáis léronnos o primeiro conto de medo: “a lenda do peregrino” cuxa sombra … Sigue lendo

Publicado en CAMIÑANTE | Etiquetado , , , | Deixa un comentario

ACHEGAS DAS FAMILIAS DA AULA ROSA

GRAZAS AS VOSAS FOTOS, MAPAS, AUDIOS… NA AULA ROSA ESTIVEMOS A FALAR DA TORRE E DO CAMIÑO QUE PASA POR ELA, O CAMIÑO INGLÉS. LEIRE, CA SÚA IRMÁ AINARA VISITOU A TORRE DE HÉRCULES, O FARO ROMANO MÁIS ANTIGO EN … Sigue lendo

Publicado en CAMIÑANTE | Etiquetado , , , | Deixa un comentario