Arquivos diarios: Outubro 21, 2020

ACHEGAS DA CASIÑA DA AULA AZUL

Os nenos e nenas de tres anos realizamos este vídeo en STOP MOTION na sesión de TICs para ensinarvos a marabilla que trouxo unha das nosas compañeiras para descubrir que nos fai falta para facer o camiño. Impresionante!

Publicado en CAMIÑANTE | Etiquetado , , , , | Deixa un comentario

Bits 2: Que precisamos para o camiño?

Como sabedes, na nosa escola adoitamos crear Bits de vocabulario bilingües para que os nenos e nenas coñezan e adquiran novos conceptos tanto en galego coma en inglés. Esta quincena, os Bits versan sobre elementos que precisamos para facer o … Sigue lendo

Publicado en CAMIÑANTE | Etiquetado , , , | Deixa un comentario

SEGUNDA ETAPA: QUE PRECISAMOS PARA O CAMIÑO?

O pasado martes, nada máis entrar na escola, atopámonos na entrada co que nos pareceu un montón de accesorios e útiles de campismo. Unha vez na aula recibimos a chamada das dúas peregrinas que nos preguntaron se atopáramos a resposta … Sigue lendo

Publicado en CAMIÑANTE | Etiquetado , , , , | Deixa un comentario