INICIAMOS CAMIÑO NA AULA DE 3

Xa dispostos a resolver o reto e tras mirar a pista, moitos nenos e nenas de 3 xa coñecían a famosa torre:

-“É a torre de Hércules”

Pero como ninguén soubo dicir onde se atopaba, ao día seguiente apareceu un mapa na clase.

-“Hay mar”, dixeron ao desplegalo e entón buscamos a Torre de Hercules en internet e efectivamente, estaba rodeada de mar.

-“Esta aquí” e Danngeli sinalou no mapa unhas pequena torres. Pero había tantas que non puidemos saber cal era.

Entón Aylén trouxo información á aula, e xusto enriba da imaxe da Torre de Hércules tiñamos a solución…

Agora esperaremos á seguinte chamada das peregrinas para comprobalo…

Esta entrada foi publicada en CAMIÑANTE e etiquetada , , . Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.