Proposta de Arte: “We make Carpets”

“UNHA FESTA PARA OS OLLOS E UN DESAFÍO PARA A MENTE”, así presentan a súa obra
Bob Waardenburg, Stijn Van der Vleuten e Marcia Nolte pasaron os últimos anos transformando obxectos e materiais do noso día a día en auténticas obras de arte.
Reivindican que estamos a perder o gusto por gozar do que nos rodea, por iso queren revalorizar a súa calidade, deseño, natureza, ensejo, cores… xa que están a perder a súa belleza debido ao descuido con que o usamos e a facilidad con que os tiramos.
Estes tres artistas holandeses primeiro pensan no material e no espazo e aí empeza… A obra de arte, unha alfombra con elementos coma esponxas de fregar, pinzas da roupa, parafusos, botóns…
Son alfombras construídas a man con materiais cotiáns, cunhas combinacións extraordinarias. O máis curioso é a súa capacidade de ofrecer nas súas obras elementos sorpresa unha e outra vez, transformando objetosAdo día a día en absolutas obras de arte.
Atrevédesvos a adiviñar de que están feitas?


E ASÍ RESPONDEN AS FAMILIAS

Esta entrada foi publicada en RECICLAXE, Todas e etiquetada , , . Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.