3R: Reducir, reciclar, reutilizar

O símbolo da reciclaxe representa un proceso sinxelo, cada frecha é un paso:

– recollida dos residuos,
– tratamento,
– compra de produtos reciclados,

de maneira que podamos repetir este proceso unha e outra vez.

Da mesma forma Romuald Hazoumé, critica a situación do seu país (República de Benín) coma unha serpe que se morde a cola, xa que traballa co lixo que envían doutros países e el devolve ás galerías de arte coa cultura africana dentro delas.

Este artista africano expón fotografías, esculturas, vestimentas, instalacións e máscaras nas que reflicte a vida real Beninesa.

Coa nosa profe Mayte, dende o noso taller de arte e co compromiso que temos na actualidade coa redución dos plásticos, sumámonos a esta protesta elaborando as nosas propias máscaras con material de refugallo, dando unha segunda oportunidade a aqueles materiais que atopamos nas nosas casas e na escola e que xa non utilizamos.

Así foi o proceso:

Cando @s nos@s artistas remataron as súas creacións, organizamos no Espazo Fedelleiro unha exposición para que tod@s @s compañeir@s puidesen gozar da nosa creación.

Grazas profe Mayte por esta marabillosa actividade e polo cariño que pos en cada cousa que fas connosco!

Esta entrada foi publicada en #mesturArte e etiquetada , , , , . Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.