Arquivos mensuais: Marzo 2020

Creamos vida, parte II

A semana pasada propuxémosvos poñer nun algodón fabas, lentellas ou garavanzos. Rexistrastes o seu crecemento e puidestes observar que destas legumes agromaron unhas pequenas raíces. Pois ben, é o momento de prantalas na terra para que podan seguir medrando. Como … Sigue lendo

Publicado en Coronavirus | Etiquetado , | Deixa un comentario

Agromando as primeiras cabaciñas da casa

A pequena plantación feita por Aria na casa comeza a dar o seu froito. Grazas familia por compartilo e xa sabedes… quen dixo que non podiamos ter un horto na casa!

Publicado en Todas | Deixa un comentario

Día Internacional dos Bosques

O twitter do concello da Coruña fai esta proposta dende a que nos sumamos tamén nós. Neste día debuxa unha árbore e colga na túa fiestra. https://twitter.com/ConcelloCoruna/status/1241333980844130305

Publicado en Todas | Deixa un comentario

Proxectos con moito amor

As familias non deixades de sorprendernos. Quen dixo que dende a casa non podiamos traballar o tema medioambiental e estar en contacto coa natureza? Anxo preparou este precioso espantallo empregando o modelo proporcionado pola Bibliobn e Aria está comezando un … Sigue lendo

Publicado en #mesturArte | Etiquetado , , , | Deixa un comentario

Arco da vella de refugallo

A nosa mestra de inglés, Katrina, propón, dende o seu blogue que realicemos este arco da vella reutilizando obxectos e refugallo que teñamos por casa, á vez que repasamos as cores e clasificamos. Clica na imaxe para acceder ao seu … Sigue lendo

Publicado en #mesturArte | Etiquetado , , , , , , | Deixa un comentario

Creando vida!

A poesía express desta semana estivo moi relacionada co horto. Podédela ver clicando aquí. Dende Voz Natura, deixámosvos esta proposta de actividade para que levedes a cabo durante as vindeiras semanas. as plantiñas de todas e todos poñerémolas na horta … Sigue lendo

Publicado en #mesturArte | Etiquetado , , , , , | Deixa un comentario

Psicomotricidade de refugallo!

A actividade física é fundamental para garantir un bo funcionamento do sistema inmune e un bo estado anímico. Estar na casa non impide que nos podamos mover. Recomendámosvos algunhas actividades que conlevan movemento e que se poden levar a cabo … Sigue lendo

Publicado en Coronavirus | Etiquetado , , , , , | Deixa un comentario

3R: Reducir, reciclar, reutilizar

O símbolo da reciclaxe representa un proceso sinxelo, cada frecha é un paso: – recollida dos residuos, – tratamento, – compra de produtos reciclados, de maneira que podamos repetir este proceso unha e outra vez. Da mesma forma Romuald Hazoumé, … Sigue lendo

Publicado en #mesturArte | Etiquetado , , , , | Deixa un comentario

Visita ao MUNCYT

Este venres visitamos o museo MUNCYT grazas ao programa Voz Natura. Nesta visita, ademais da xa habitual visita guiada polo museo, puidemos realizar un obradoiro de microplásticos e vivenciar un xogo de rol onde decatarnos da incidencia destes nos ecosistemas … Sigue lendo

Publicado en #mesturArte | Etiquetado , , | Deixa un comentario