LUPO

Onte tivemos a inmensa sorte de contar na escola coa presenza dos arquitectos Patricia e Fermín de Lupo.

Pola mañá levaron a cabo un obradoiro cos nenos e nenas nos que lles explicaron o funcionamento do sistema Lupo. Nel puidemos tocar, experimentar, xogar e tamén aprender, nen@s e mestras, distintas aplicacións didácticas deste sistema.

Pola tarde, as mestras levamos a cabo unha xornada de formación na que, xuntos, puxemos os alicerces dunha remodelación do noso patio, na que invertiremos o premio outorgado polo Programa Voz Natura. O potencial pedagóxico do espazo exterior, a naturalización do contorno e a posibilidade de que o alumnado teña capacidade para se mover de xeito san e seguro, estiveron moi presentes en todo momento.

Mil grazas, seguimos!

Esta entrada foi publicada en #mesturArte e etiquetada , , , . Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.