Bichotel

Esta semana o tempo non nos permitiu sair fora disfrutar do horto, así que na aula estivemos a reflexionar sobre a importancia que teñen os insectos dentro do ecosistema dun horto coma o noso.

É por iso que decidimos coidalos e facerlles a estancia o máis agradable posible, resgardándoos de depredadores e das inclemencias medioambientais construíndolles un bichotel.

Observamos diferentes tipos de hoteles de insectos e analizamos os materiais cos que estaban elaborados.

Finalmente clasificamos e ordenamos os nosos propios materiais para poder crear un bichotel para o noso horto.

Esta entrada foi publicada en #mesturArte, HORTO ESCOLAR e etiquetada , , . Garda a ligazón permanente.

1 resposta a Bichotel

  1. Encantame todo o que estades facendo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.