Este ano no taller de Arte estamos a traballar sobre a concienciación da cantidade de residuos plásticos que xeramos e as consecuencias disto a través de diferentes obras e artistas.
Así, comezamos aproveitando a instalación sobre os plásticos ubicada na BiblioBN para sumarse ao movemento global pola emerxencia climática e varias imaxes de espazos naturais repletos de plásticos para reflexionar sobre a xestión que estamos a facer dos plásticos que utilizamos.
Despois coñecimos a obra “Ofelia” de John Everett Millais e observamos as diferenzas entre os espacios naturais que visionáramos anteriormente e o captado polo artista.
Pasamos á acción facéndonos pasar por Ofelia pero nun espazo natural actual repleto de plásticos e sacamos unha foto para poder pintar con acuarelas os residuos que saían na mesma.