Encontxo con nabizas!


Este venres, despois da encurta adicada á problemática dos plásticos nos océanos, puidemos gozar da lectura teatralizada con títeres do conto “O Coelliño Branco” onde este, en lugar de coles ía apañar nabizas para facer un caldo.

A continuación, a profe Raquel amosounos o que nos trouxera da súa horta: plantón e sementes de nabizas.

Finalmente, na sesión de horto, puidemos plantar estas verduras tanto na terra como en macetas.

Grazas polo agasallo, profe Raquel! Agardemos que medren e que poidamos facer un rico caldiño igual que o coelliño!!

Esta entrada foi publicada en #mesturArte e etiquetada , , , . Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.