Ecopatrulla desplastificadora

Esta semana retomamos as nosas Ecopatrullas que, como sabedes, son grupos de voluntarios e voluntarias que se reúnen no tempo de lecer para traballar no horto da escola.

Ademais, as aulas de 3 e 4 anos tiveron a súa sesión semanal de horto. Esta semana, ademais de limpar o horto de maleza, centrámonos especialmente na limpeza dos plásticos que entran dende a rúa.

Ao final da mañá contamos a cantidade de resíduos que apañamos e puidemos sumar ata 44 anacos de micro (e non tan micro) plásticos!!!

Imaxinade cómo está o mundo se nun anaquiño tan pequeno como é o que supón o noso horto tiñamos tal cantidade de lixo!!

Ademais, como analizou a profe Lía, algúns destes plásticos tiñan data de fabricación de hai moitos moitos anos, o que nos serviu para reflexionar sobre a súa degradación e o noso consumo.

Queremos agradecer dende aquí a todas as familias que se están sumando ás merendas sen residuos, mandando á escola cantimploras, fiambreiras e merendas libres de plástico!

Formamos un gran equipo polo planeta!

Esta entrada foi publicada en Todas. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.