Encontro: Reforestación

Hoxe Armando, agasallounos coa súa presenza en Barrionovo cun encontro sobre reforestación.

Contounos que era bombeiro forestal e explicounos os riscos dos incendios, as súas causas e as accións que nós podemos levar a cabo para previlos. Tamén como podemos reparar o dano unha vez xa está feito, a través da reforestación.

É costume, polo día do libro, agasallar cun libro e cunha flor.
Armando, nesta semana do libro, agasallounos coa lectura e o conto “A pequena árbore” de Ánxeles Ferrer e con algo máis especial que unha flor cortada, dúas árbores vivas (pradairos vermellos, loureiros e carballos) para que cada nen@ leve a cabo a súa acción de reforestación coa súa familia.

Mil grazas Armando pola túa presenza e bo humor. Fixéchesnos pasar unha mañá marabillosa. Agardámoste cando queiras de novo cos brazos abertos na nosa escoliña.

Esta entrada foi publicada en #somosdemonte e etiquetada , , , , , , , . Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.