Patios vivos, patios verdes!

Coa chegada do bo tempo, en Barrionovo estreamos nova actividade voluntaria para realizar durante o tempo de lecer, as Ecopatrullas.

Os nenos e nenas que o desexen, poderán pasar o seu recreo coidando o horto e realizando activides como desherbar, quitar pedras e lixo que voa dende a rúa, pulverizar as árbores con purín natural de leite ou regar, todo isto equipad@s con luvas de traballo e botas de auga que cada nen@ trouxo da casa e empregando as ferramentas que temos para tal fin.

Que ben o pasamos neste cole!

Esta entrada foi publicada en #somosdemonte e etiquetada , , , , , . Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.