Encontro hortícola: tío de Ainara Souto

Hoxe o tío de Ainara Souto visitounos para axudarnos a controlar a praga de pulgón do noso limoeiro.
Como queremos evitar o uso de produtos químicos na escola ensinounos a elaborar un preparado a base de leite e auga que crea unha película que asfixia ao pulgón.

Con este preparado todas e todos puidemos participar na fumigación da árbore.

Finalmente como todas as visitas que recibimos no centro, Ramón asinou o noso libro de visitas e recibiu un agasallo da Biblio BN.

Moitas grazas, Ramón pola túa colaboración!

Esta entrada foi publicada en #somosdemonte e etiquetada , , , , , , . Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.