DÍA DOS BOSQUES E DA POESÍA

Hoxe, ademais de dar comezo a primavera, celebráronse os días internacionais dos bosques e da poesía.
Como non podía ser doutro xeito, na nosa escola celebrámolo de forma especial, porque nós #somosdemonte!

Primeiro visitamos a fraga da Sisalde grazas ao programa “Educatízate” do Concello de Arteixo. (Preme na imaxe)


Cando chegamos á escola, unha sorpresa estaba a agardar por nós.
Nunha nota, Shelly, o trasno do bosque contábanos que nos vira na fraga e nos seguira ata a escola para deixarnos unha sorpresa. Para poder descubrila debiamos dar a benvida á primavera recitando unha poesía e cantando unha canción.

A profe Alba axudounos nesta tarefa, recitando “O Reiseñor” do libro Tic Tac de Pablo Díaz, que despois cantamos e bailamos tod@s xunt@s. (Preme na imaxe)

Finalmente, Katrina descubriunos a sorpresa: todo o material (de refugallo!!) necesario para construir tres clases de comedeiros de paxaro diferentes. Con ela e coa axuda de tod@s @s profes, realizamos este obradoiro tan primaveral que se inclúe dentro do proxecto e-twinning “Spring into spring” que se desenvolverá nas sesións de inglés durante o próximo mes xunto a nenos e nenas de escolas de Polonia, Italia e Romanía. (Preme na imaxe)

E como di Katrina: ABRACADABRA, ABRACADI, MAGIC FOR YOU, MAGIC FOR ME!

Esta entrada foi publicada en #somosdemonte, Todas e etiquetada , , , , , , , . Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.