Encontros BN: Plan de xestión de residuos

Hoxe tivo lugar no centro un obradoiro no que aprendimos un pouco máis da xestión de residuos.
Dende o concello viñeron a contarnos en qué consiste o seu plan de xestión, e a presentarnos os novos contedores instalados en todo Arteixo.
Falamos da necesidade de reciclar e cómo debemos facelo.
Por último puxemos en marcha o aprendido botando cada cousa no colector correspondente.
Despois, xa nas aulas, aproveitaremos para traballar unha recente noticia do xornal que fai referencia a instalación deste novo sistema de xestión e que foi a noticia destacada no noso novo recuncho da Hemeroteca.

Esta entrada foi publicada en #somosdemonte, B.T.S.. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.