3 anos ampliamos o bancal!

Despois da visita do papá de Ainara Carril, os nenos e nenas de tres anos repasamos varias veces coa nosa profe Silvia os pasos para crear un bancal elevado. Estivemos tan atentos e atentas que nos vimos capaces de continuar o traballo.
Aquí deixamos os pasos que seguimos nós:

O primeiro foi sachar a terra.

A continuación desfixemos os terróns, eliminamos as pedras máis grandes e démoslle forma ao bancal.

Despois, a falta de compost, humedecemos un pouco a terra para seguir elevando o bancal.

Fixemos os buratiños.

Prantamos as plantiñas de repolo e col Kale.

Regamos todo.

E acolchamos.

Et voilà! He aquí o resultado! Tan profesional que case nin se nota a diferencia!

Esta entrada foi publicada en Todas e etiquetada , , . Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.