Poesía-express sensorial no horto…

Esta semana a poesía express tamén estivo ligada á natureza, en concreto ás diferentes texturas, cores e olores que podemos atopar nela.
Nesta ocasión a profe Lucía sorprendeunos cunha poesía agochada nun camiño sensorial que os nenos e nenas que o desexasen deberían percorrer para descubrir.

Unha vez recomposto o poema, unha nota pendurada na oliveira e asinada por Shelly, o trasno do monte, recomendábanos investigalo, enterralo e coidalo. Debecemos por ver que pasa unha vez acometida esta tarefa!

Esta entrada foi publicada en #somosdemonte e etiquetada , , , . Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.