Encontro #somosdemonte: Ainara Carril e o seu pai

Esta mañá Ainara Carril e o seu papá, deleitáronnos cun encontro hortícola.

Grazas a ambos aprendemos a facer paso a paso un bancal elevado para poder plantar nel.

Explicáronnos que os beneficios deste tipo de sistema de cultivo son varios, entre eles que o terreo non se pisa e a terra queda esponxosa e traballada para a próxima plantación que queiramos facer nel, polo que dan relativamente pouco traballo.

O primeiro que hai que facer é arar a terra. O papá de Ainara serviuse dun ligón para isto.

Despois xúntase a terra dándolle certa elevación e asegurándose de desfacer os terróns sólidos que non benefician o crecemento das nosas hortalizas.

A continuación engádese o compost que serve de abono.

Como o noso compost aínda é moi novo (deben pasar entre 6 meses e un ano para podelo empregar), Ainara e Toni trouxeron o seu propio compost da casa. Explicáronnos que nel podemos atopar anacos de restos orgánicos sen descompoñer. Tamén que estes restos serven de alimento para as miñocas, uns animais moi beneficiosos para o noso compost por acelerar o proceso de descomposición. Ademais contáronnos curiosidades como que as cascas de ovo achegan calcio á terra e que un compost ben feito non debe ulir mal.
Ainara ensinounos de preto varias miñocas e deixáronnos algunhas de agasallo no noso composteiro.

O seguinte paso para realizar un bancal elevado é regar.

Seguidamente, débese cubrir todo con máis terra.

Unha vez feito isto, fanse un buratiños algo profundos na terra.

Despois xa podemos engadir os plantóns (coa raíz para abaixo!)

Regamos de novo…

E como opción para protexer as novas plantiñas podemos colocarlles unhas botellas cortadas a modo de invernadoiro individual. Como nos gusta o refugallo!

Nós tamén protexemos a terra con palla que nos sobrou do camiño sensorial do martes. Esta técnica chámase mulching ou acolchado e ten varios beneficios, como impedir que a terra se seque demasiado pronto, ou evitar que agromen herbas non desexadas que compitan co noso cultivo.

Por último etiquetamos para non esquecer o que temos plantado na horta.

Moitas grazas a Ainara e ao seu papá por esta enriquecedora e útil experiencia! Agora sí que o noso horto empeza a parecer un horto de todas e todos!

Esta entrada foi publicada en #somosdemonte e etiquetada , , , , . Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.