Visita ao MUNCYT

O pasado mércores os nenos e nenas da escola fixemos unha visita guiada ao MUNCYT grazas ao programa Voz Natura.

Durante a visita, os nosos guías explicáronnos o risco que ten para o solo a deforestación, especialmente aquela producida por incendios. Puidemos ver como un solo no que habitan vexetais retén e filtra a auga e como un solo no que a terra e as plantas foron queimadas non retén a auga, escorrenta e ademais pode chegar a contaminar acuíferos e ríos próximos.

Ademais, a través da arte, identificamos e plasmamos en papel as cores dunha paisaxe viva, dunha paisaxe incendiada e dunha paisaxe que xa sofreu un incendio.

Despois puidemos gozar da visita a outras zonas do museo, incluíndo a antiga lanterna da Torre de Hércules, e o habitáculo dun luxoso avión.

Finalmente coñecemos os robots que viven neste museo, Pepe Xan e Mari Luz.

Moitas grazas pola experiencia, Voz Natura!

Esta entrada foi publicada en #somosdemonte, ROBÓTICA e etiquetada , , , , , . Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.