Facendo semilleiro de leituga

Como sabedes, os nenos e nenas de Barrionovo levamos todo o curso a deseñar o noso horto.
O primeiro que fixemos foi comezar a preparar o noso propio compost cos residuos que se xeran nas merendas. Podes velo clicando aquí.

Despois lemos un conto sobre un horto colaborativo, fixemos unha degustación e decidimos que o noso horto sería de todas e todos. Podes velo aquí.

Finalmente decidimos que nos gustaría plantar no noso horto e cada clase levou a cabo un traballo de investigación na aula sobre como plantar cada hortaliza.

Un dos vexetais que nos gustaría ter son as leitugas. Os nenos e nenas de catro anos investigáronas na aula e chegaron á conclusión de que sí podemos cultivalas.

Esta semana, fixemos semilleiro de leitugas no noso espazo Fedelleiro: Botamos terra nos semilleiros coas pas, fixemos uns buratiños, botamos as sementes, tapamos e regamos.

Agora só resta coidar estes semilleiros na aula e agardar a ver que acontece…

Seguiremos informando!

Esta entrada foi publicada en Todas. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *