Arquivos mensuais: Decembro 2018

Videoclip “Vimos do monte!”

Videoclip elaborado coas familias empregando o Croma para pechar o primeiro trimestre de #somosdemonte. VIDEOCLIP "VIMOS DO MONTE" from biblio BN on Vimeo.

Publicado en #somosdemonte | Etiquetado , | Deixa un comentario

Encontro #somosdemonte: Artai e o seu tío (videoconferencia)

Este luns tivemos a sorte de falar por videoconferencia co tío e padriño de Artai, que ten unha profesión moi de monte, coma o noso proxecto. É Enxeñeiro Forestal polo que nos falou da súa profesión, en que consiste, como … Sigue lendo

Publicado en #somosdemonte | Etiquetado , , | Deixa un comentario

Encontros #somosdemonte: Artai e seu pai

O pai de Artai visitou a nosa biblioteca para falarnos sobre os cogomelos. Moitas veces van o monte a recollelos. Contounos onde os adoitan atopar, cales se poden coller e algunha curiosidade de cada un deles. Ademáis tróuxonos algunhas mostras … Sigue lendo

Publicado en #somosdemonte | Etiquetado , , | Deixa un comentario

Encontro #somosdemonte: Miguel e a súa nai

Miguel presentóunos, coa súa familia, a información do proxecto #somosdemonte. Tróuxonos unha representación do Monte Breamo, en Pontedeume. Falounos das especies de flora e fauna que alí podemos atopar. Tamén contounos unha lenda que envolve o monte. Magnífica presentación coa … Sigue lendo

Publicado en #somosdemonte | Etiquetado , , | Deixa un comentario

Minimundo: Monte 3D

Estes días no taller TIC, coa profe Lara, estivemos a traballar cunha nova ferramenta 3D, Doodle 3D. É unha ferramenta moi sinxela, e intuitiva, na que os nen@s poden ver o seu deseño 3D simultáneamente, e rectificar o que queiran. … Sigue lendo

Publicado en #somosdemonte | Etiquetado , , | Deixa un comentario

Atelier creativo

Este mes preparamos, dentro do noso Espazo Fedelleiro, un “Atelier creativo” cos materiais de refugallo que alí temos. Cada aula poderá ir pasando polo mesmo, en pequenos grupos, para crear o seu adorno de nadal, que despois colgaremos da nosa … Sigue lendo

Publicado en Todas | Deixa un comentario