Arquivos mensuais: Novembro 2018

Semente: “I Encurta Diversa”

O alumnado de A.L. elaborou esta CURTA coa técnica STOPMOTION na que a protagonista é unha semente deseñada polo alumnado e impresa en 3D. Así o fixemos:

Publicado en #somosdemonte | Deixa un comentario

Okupación escornabótica

Comezan a chegar as primeiras plantillas #somosdemonte da nosa “okupación escornabótica”. Nesta por exemplo xogaremos a topar aves autóctonas dos montes galegos.

Publicado en #somosdemonte | Etiquetado , , | Deixa un comentario

Encontro 25N: Mulleres e monte con Laura Rey

Laura contou a historia das Encrobas, de como defenderon o seu con valentía. Despois aprendimos como se fan os poemas e creamos un propio a partires da historia. Para rematar pintamos con carbón como o extraído das minas. Moitas grazas … Sigue lendo

Publicado en #somosdemonte | Etiquetado , , , , | Deixa un comentario

Intervención artística no patio: O noso monte

No patio estamos a facer unha pequena intervención artística para chegar a recrear o noso monte, cada día un nen@ debuxará a súa árbore ou algún outro elemento dos montes. Aquí vos deixamos un pequeno adianto.

Publicado en #somosdemonte | Etiquetado , | Deixa un comentario

Xogo de Memoria do Magosto

Na Aula de A.L. elaboraron e xogaron cun Memory de castañas empregando tapóns de leite e cartolina.

Publicado en #somosdemonte, MAGOSTO, RECICLAXE | Deixa un comentario

MAGOSTO 2018

COMA TÓDOLOS CURSOS HOXE CELEBRAMOS O MAGOSTO E PARA COMER AS NOSAS CASTAÑAS… CESTIÑAS DE REFUGALLO

Publicado en Todas | Deixa un comentario

SAMAÍN DE REFUGALLO

ESTE SAMAÍN COMA TÓDOLOS ANOS DECORAMOS O COLE CON DIFERENTES ELEMENTOS FEITOS CON REFUGALLO, CARTÓNS, RESTOS DE CARTOLINAS, FOLLAS… E ASÍ QUEDARON

Publicado en Todas | Deixa un comentario