A HORTA DE SIMÓN

Este xoves, dada a adversa climatoloxía, a sesión de horta desenvolveuse no Espazo Maker do noso Centro, o noso querido Espazo Fedelleiro. Isto non foi un impedimento para que exercitásemos os cinco sentidos a través dunha proposta ben interesante! E dicimos ben, os cinco sentidos! veredes…

O sentido do ouvido estimulámolo a través da lectura do conto “A Horta de Simón”, un conto no que unha horta individual transfórmase nunha horta colectiva e cooperativa, moi similar á da nosa escola de Barrionovo!

Ademais gozamos da canción a Horta de Balbina, do álbume “Aire” de María Fumaça.

O noso sentido da vista foi sorprendido por unha posta en escena singular, na que a nosa mestra con máis ritmo, Lara destapaba, pelaba e cortaba un a un os produtos da horta que ían aparecendo no conto.

Os sentidos do tacto, olfacto e gusto puidémolos deleitar a través dunha exquisita degustación, unha vez rematou o conto.

Finalmente, seguindo o exemplo de Simón e os seus amigos e amigas, soñamos a horta que queremos, a horta da nosa escoliña recollendo nun mural todo aquilo que nos gustaría que estivese presente nela. Deixámosvos a información organizada neste ThingLink para que vos vaiades facendo unha idea. Clica na imaxe para facela interactiva!

A medida que avancemos modificaremos o contido do noso mural, quitaremos, engadiremos, repensaremos, sempre cun claro obxectivo…

que a horta de Barrionovo sexa de todas e todos @s que a soñamos!

Esta entrada foi publicada en HORTO ESCOLAR e etiquetada , , , , , , , , . Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.