Compost…emos!

Esta semana, na nosa escoliña sucederon cousas realmente interesantes:

Para comezar realizamos a primeira visita do curso. Foi unha excursión ao Bosque d@s veciñ@s, no Concello de Oleiros.

Alí coñecemos a Shelly, o trasno do bosque que nos agasallou o composteiro que puxemos na horta.

Tedes toda a información no blogue da EEI de Barrionovo, ademais duns vídeos chulísimos nos que, se estades ben atent@s poida que vexades a Shelly.

Como nos suxeriu o trasniño na súa carta ao agasallarnos o composteiro, estivemos a investigar como facer o noso propio compost.

A través dun panel interactivo, aprendemos que é e para que serve o compost e que restos podemos botar na composteira. Tamén que resíduos non debemos compostar.

Ademais, investigamos as fases para facer compost.

Aprendemos que, para que nos saia un bo compost recoméndase que a base da composteira se compoña por uns 10-15 cm de restos de poda, polas e follas. Despois, basta con alternar capas de residuo orgánico húmido e seco. Tamén hai que ter en conta factores como a aireación das capas e a temperatura, xogar co tamaño dos resíduos, e colocar o composteiro á sombriña, algo que fixemos moi ben xa o primeiro día.

Puxémonos mans á obra e este foi o resultado:

Debecemos por seguir recolectando os resíduos orgánicos resultantes das nosas merendiñas, agora este lixo parécenos un tesouro!

Esta entrada foi publicada en #somosdemonte, HORTO ESCOLAR, RECICLAXE e etiquetada , , , , . Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *