Arquivos diarios: Febreiro 5, 2018

Bingo de refugallo

A familia de Sofía sorprendeunos cun bingo para xogar co escornabot. Para facelo reutilizaron unha botella de auga. Así, o robot xa pode percorrer un xogo baixo o lema de “Comamos como galegos”.

Publicado en RECICLAXE | Deixa un comentario

Mandadiño do Luns

“Lacón busca grelos, axúdalle a velos!” Os mandadiños deste ano percorren o Entroido gastronómico galego. Como sempre as familias botan man de reciclaxe, imaxinación e enxeño.

Publicado en RECICLAXE | Deixa un comentario