Arquivos mensuais: Febreiro 2017

Caixa dos Repostos do Escornabot

Reutilizamos unha caixa dividindoa nos 9 compartimentos das pezas plásticas do escornabot. Numeramos e imprimimos na impresora 3D para colocar cada peza no seu compartimento. Deixamos a caixa no Recuncho Fedelleiro da biblioBN, xa sabemos a onde ir se rompe … Sigue lendo

Publicado en RECICLAXE, ROBÓTICA | Deixa un comentario

Entroido Robótico

Así reutilizaron as familias para que os Robots invadisen as rúas de Pastoriza. Ver aquí toda a festa

Publicado en RECICLAXE | Deixa un comentario

Mandadiños 2017

Un ano máis as familias reciclan e reutilizan para os Mandadiños: bricks, cartóns, pinzas… serven para facer estrelas, botoeiras … e todo o que nos pediu o MecoBot.

Publicado en RECICLAXE, ROBÓTICA | Deixa un comentario

MecoBot

O Entroido está a chegar … O MecoBot os Mandadiños a enviar … Este curso chegan a través da RA, escanea o día da semana e o MecoBot proxectará o vídeo co encargo:

Publicado en RECICLAXE | Deixa un comentario

Refugallando cartón

O venres disfrutamos dun estupendo taller promovido polo Consorcio das Mariñas para concienciarnos da importancia das tres R: Reducir, Reutilizar e Reciclar.

Publicado en B.T.S., RECICLAXE, SOS | Deixa un comentario

ClaseBot

O alumnado de 4 anos ven de artellar un ClaseBot, metade persoa metade robot, para o que reutilizaron distintos materiais: Accede aquí a todo o proceso

Publicado en RECICLAXE | Deixa un comentario

Os Humedais de Arteixo

Como o pasado 2 de febreiro celebramos o Día dos Humedais, compartimos con vós este estupendo audiovisual do Departamento de Medio Ambiente do noso Concello:

Publicado en AUGA, B.T.S., O ECOSISTEMA ARTEIXÁN, SOS | Deixa un comentario

Reciclando para celebrar As Candeas

Ou Candeloria: “A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa” Aprendimos máis desta celebración no Calendario Etnográfico de Arteixo 2017 e festexamos a anticipación da primavera e o renacer da natureza coa seguinte actividade: Picamos dous paxariños do xornal e … Sigue lendo

Publicado en BIBLIOTECA, O ECOSISTEMA ARTEIXÁN, RECICLAXE | Deixa un comentario

Refugallando cartón : Mestres

Onte empezamos as actividades do programa Refugallando cartón coa formación para o profesorado e continuaremos co alumnado.

Publicado en RECICLAXE | Deixa un comentario

Reutilizando para o Día da Paz

Para elaborar o fondo da guía de lectura do Día da Paz, estampamos unha peza dunha persoa impresa en 3D sobre unha caixa de cartón.

Publicado en BIBLIOTECA, RECICLAXE | Deixa un comentario