Arquivos mensuais: Outubro 2015

Cabaza Olímpica

Este curso no que andamos a traballar os Xogos Olímpicos, Yago sorprendeunos cunha cabaza moi deportista.

Publicado en RECICLAXE | Deixa un comentario

Chave de reciclaxe

Dentro do traballo que estamos a facer arredor dos xogos tradicionais, a semana pasada visitamos a pista de chave de Pastoriza. Agora toca practicar na escola, o papá de Noa encargounos unha chave de madeira que decoramos e os pellos … Sigue lendo

Publicado en RECICLAXE | 1 comentario

Reciclando polo Samaín

Chegado o tempo do Samaín os Monstros invaden a nosa escola … Un palé sirve como expositor da selección de libros de Monstros da biblioteca. Completamos a decoración cuns faroliños feitos con botellas de plástico e papel celofán.

Publicado en RECICLAXE | Deixa un comentario

MEMORY OLÍMPICO

Pronto empezarán as olimpiadas pero en Barrionovo xa están en marcha por iso fixemos un xogo de memoria aproveitando uns cartóns e unha caixa, pegamos as iconas dos diferentes xogos olímpicos e… preparados, listos e a xogar.

Publicado en Todas | Etiquetado | Deixa un comentario

Os vixiantes do horto

Parece ser que o alumnado que acaba de incorporarase á escola chega motivado e comprometido co traballo no horto. Todos os días miran, observan, comentan, informan …

Publicado en HORTO ESCOLAR | Deixa un comentario

As uvas do San Migueliño

Reutilizamos corchos, cartóns, patacas e lazos para estampar as uvas do San Miguel (Romaría da nosa parroquia).

Publicado en ReciclARTE | Deixa un comentario