Arquivos diarios: Febreiro 28, 2015

Arte que nace da ferida do mar

Non perdades o artigo de hoxe na Voz de Galicia sobre o traballo de Xosé Manuel Barros co lixo que recolle do mar.

Publicado en ReciclARTE, SOS | Deixa un comentario

Refraneiro do Horto

Desde o EDLG estase a promover unha recompilación de receitas para elaborar un calendario refraneiro do horto. As familias aportan as que xa elaboran. Ver máis no blogue : Barrionovo Fala Galego

Publicado en HORTO ESCOLAR | Deixa un comentario

Reciclando a Picasso

Este mércores día catro visitaremos no Museo de Belas Artes a exposición “O Primeiro Picasso”. Iremos vestidos dacorde a tan grande acontecemento e por iso reciclamos unhas camisetas brancas e pintamos as liñas do logo da exposición.

Publicado en ReciclARTE | Deixa un comentario