Arquivos mensuais: Xaneiro 2015

PAZ se escribe con R

Con R de Reciclar, como os materiais que as familias do noso alumnado empregaron para facer as pancartas do Día da Paz.

Publicado en Todas | Deixa un comentario

Reciclamos as Pombas de Picasso

O alumnado de 5 anos encheu de cor as pombas de Picasso empregando materiais de refugallo. As pombas decoran, na biblioteca, a exposición para Ler en PAZ.

Publicado en ReciclARTE | Deixa un comentario

Mesa de Luz

Unha nova ferramenta para desenvolver a creatividade chega a nosa escola: a Mesa de Luz. Os materiais de refugallo, como botellas de auga ou botes de champú, incorpóranse ás nosas creacións.

Publicado en ReciclARTE | Deixa un comentario

Carriño Reciclado

Alguén tirou ao lixo este carriño , que recollimos, pintamos e vernizamos para darlle unha nova vida. Agora garda o material para traballar con moita Arte.

Publicado en ReciclARTE, RECICLAXE | Deixa un comentario

O ceo paso a paso

O ceo paso a paso é unha nova exposición da Casa das Ciencias. Aquí tedes un time lapse de mostra:

Publicado en B.T.S. | Deixa un comentario

Por un Ano Novo en Verde

Publicado en Todas | Deixa un comentario