Arquivos mensuais: Maio 2014

Arteixo Fala Mar … Galego !

O Concello de Arteixo acaba de editar uns pousavasos deseñados polo noso alumnado. Todo empezou cun Mar de Papel ao que lle engadimos a toponimia do noso litoral. Ver aquí todo el proceso E aquí toda a información.

Publicado en ARTEIXO É MAR, ReciclARTE | Deixa un comentario

Visita do alumnado da Galiña Azul : O futuro de Voz Natura

Aproveitamos a visita dos nenos e nenas da Galiña Azul, futuros alumnos da escola, para amosarlles o noso horto… … e para agasallalos cunha tarxeta na que decoramos con restos de teas. Ver aquí a visita

Publicado en HORTO ESCOLAR, RECICLAXE | Deixa un comentario

Premio ao mellor blogue Voz Natura

Grazas ao xurado que recoñece o noso blogue como o mellor deste curso. Pretendemos que sexa unha ventana aberta as nosas accións en procura dunha auténtica educación medioambiental na nosa escola. Ver noticia en el Blog maestro

Publicado en ARTEIXO É MAR | Deixa un comentario

Festa das Flores en Arteixo

Este domingo Arteixo celebrou os actos centrais da Festa das Flores coa visita aos Maios. VER AQUÍ

Publicado en ARTEIXO É MAR, ReciclARTE | Deixa un comentario

Peixe-Folla

O alumnado de 4 anos transformou follas de eucalipto en peixes prateados para o noso Maio.

Publicado en ARTEIXO É MAR, ReciclARTE, RECICLAXE | Deixa un comentario

Maio : Arteixo é Mar

Xa temos listo o Maio para o concurso do Concello. Todo sobre a preparación AQUÍ e AQUÍ

Publicado en ARTEIXO É MAR, ReciclARTE | Deixa un comentario

Traballando a visita á praia de Sabón

Tras o roteiro pola praia de Sabón rexistramos todo o aprendido: Traballamosa noticia de La Voz de Galicia que fala da concesión da bendeira azul por primeira vez a esta praia.

Publicado en ARTEIXO É MAR, B.T.S. | Deixa un comentario

Biscoito no forno solar

Os da aula de 4 anos fixeron un biscoito de chocolate que coceron no forno solar. Delicioso !!!

Publicado en B.T.S. | Deixa un comentario

ROTEIRO AMBIENTAL POLO LITORAL DE ARTEIXO

ESTE VENRES REALIZAMOS UNHA SAÍDA POLO LITORAL DE ARTEIXO, DENTRO DUNHA ACTIVIDADE PROMOVIDA POLO NOSO CONCELLO. NESTA VISITA, ADEMÁIS DE COÑECER A FLORA, FAUNA, E OUTRAS CARACTERÍSTICAS DA ZONA, TAMÉN APROVEITAMOS PARA RECOLLER OS RESIDUOS QUE ATOPAMOS NA PRAIA.

Publicado en ARTEIXO É MAR, B.T.S., RECICLAXE | Deixa un comentario

Máis pistas …

Seguimos a preparar a exposición do día 7 de xuño. Esta vez co alumnado pegando os residuos recollidos das nosas praias na campaña do Colle 3.

Publicado en ARTEIXO É MAR, RECICLAXE | Deixa un comentario