Arquivos mensuais: Abril 2013

Electric Car

Fermosa curta de animación, que nos fala dos non contaminantes coches eléctricos, na que empregaron materiais reciclados. Despois do visionado da curta, os da clase de 5 fixeron o seu Electric Car empregando materiais de refugallo ( cartóns, papeis …)

Publicado en B.T.S., RECICLAXE, Todas | Deixa un comentario

A caixa das etiquetas dos Libros

Os da aula de 3 anos reciclaron unha caixa para gardar as etiquetas dos libros que os venres levamos en préstamo. Abriron a caixa e dentro pegaron sobres de CDs para gardar as etiquetas.

Publicado en RECICLAXE | Deixa un comentario

Espantallos de vento

Reciclamos para construir uns espantallos de vento para que os paxaros non veñan ao noso horto.

Publicado en HORTO ESCOLAR, RECICLAXE | Deixa un comentario

Plantación curso 2012-2013

Publicado en HORTO ESCOLAR | Deixa un comentario

Etiquetaxe para o Horto

Os de 5 estiveron preparando as etiquetas que identificarán todo o que imos plantar no horto.

Publicado en HORTO ESCOLAR | Deixa un comentario

Cerrando o Horto

Hoxe, as mestras, aproveitamos unha tregua da chuvia para cerrar o horto con brezo ecolóxico e deixalo máis protexido do vento. Si o tempo o permite, este venres plantaremos.

Publicado en HORTO ESCOLAR, Todas | Deixa un comentario

No Día do Libro … tamén reciclamos

Hoxe celebramos o Día Internacional do libro Infantil e Xuvenil e aproveitamos para facer unhas tarxetas con cartón e papeis reciclados. FELIZ DÍA DO LIBRO PARA TODOS E TODAS!

Publicado en RECICLAXE | Deixa un comentario