Arquivos mensuais: Xaneiro 2012

Plano gañador

Como xa sabedes estamos a deseñar un pequeno xardín. Entre todos medimos o espazo e despois na aula dividímolo entre tres. Entre os planos finalistas das tres aulas , votamos ao plano de Sofía como o mellor distribuido.Agora toca empezar … Sigue lendo

Publicado en HORTO ESCOLAR | Deixa un comentario

Buzón de PAZ ticipación

Para conmemorar o Día da Paz estamos a elaborar un poema colectivo. As aportacións deixámolas nun buzón feito cunha caixa de cartón decorada coas mans dos nenos.

Publicado en RECICLAXE | Deixa un comentario

Planeando o xardín

Na parte do horto que temos sen sembrar decidimos facer un pequeno xardín que previamente deseñaremos.O primeiro pase é ter o plano e distribuilo entre as tres aulas para despois facer o deseño.

Publicado en HORTO ESCOLAR | Deixa un comentario

Aprendendo a traballar un xardín

O martes o papá de Nicolás, de oficio xardineiro, visitou a nosa escola para darnos a coñecer o seu traballo e axudarnos no deseño do xardín que queremos facer. Aprendimos como hai que traballar a terra, que ferramentas se empregan, … Sigue lendo

Publicado en HORTO ESCOLAR | Deixa un comentario

Sementando

Hoxe, aproveintando a tregua dada pola chuvia, plantamos no horto as sementes do piñeiro, o pradairo e o carballo que xa plantaramos na aula. Observaremos as diferencias no crecemento das sementes no interior e no exterior.

Publicado en HORTO ESCOLAR | Deixa un comentario

Da semente á árbore

Que mellor xeito de empezar o ano que plantando sementes de futuro . Grazas á colaboración de Medio Rural realizamos unha plantación de sementes de carballo ,piñeiro e pradairo Cando medren as transplantaremos a un monte do noso Concello.

Publicado en UN BOSQUE ANIMADO | Deixa un comentario