Arquivos mensuais: Febreiro 2011

Quen vive na piña debaixo do mar?

Este interrogante apareceu hoxe no corredor da escola xunto cunha piña, creo que teremos que descubrir quen vive alí. A piña está feita con caixas de cartón pintadas, a cheminea cun rolo de pael de cociña e un vaso de … Sigue lendo

Publicado en AUGA, RECICLAXE | Deixa un comentario

Acualecturas

Xa temos colocada no recibidor do cole unha exposición de lecturas sobre a auga, lecturas para APRENDER,COÑECER e DISFRUTAR. Lecturas que os nenos e nenas poden levar a casa para mergullarse en familia no maravilloso mundo da auga.

Publicado en Todas | Deixa un comentario

Debuxamos o que vivimos

Este debuxo de Olalla da clase de 4 anos reflicte como as vivencias do horto forman parte da nosa vida diaria. Olalla debuxou hoxe a Feliciano co seu sacho e máis o xirasol coas súas sementes. Esta claro quen lle … Sigue lendo

Publicado en HORTO ESCOLAR | Deixa un comentario

Plantando e plantando

Estos días seguimos a plantar no noso horto. As cebolas, as cenorias e os rábanos xa están listos na terra. Agardaremos con paciencia a colleita.

Publicado en HORTO ESCOLAR | Deixa un comentario

Traballando no horto

Seguimos a traballar no horto aproveitando o bo tempo. Hoxe tocou botarlle substrato e abono ao que tiñamos plantado.

Publicado en HORTO ESCOLAR | Deixa un comentario