Cen por Cen Seoane

O día 10 fumos de visita á Fundación Caixa Galicia de A Coruña a visitar a maravillosa exposición que conmemora o centenario deste fabuloso artista.

O noso obxectivo e coñecer a fantástica obra de Seoane , centrándonos na súa particular visión do mar e dos animais que nel habitan.

Antes de facer a visita fixemos un pequeno grabado dun dos seus polbos, concretamente o que aparece no cartel da exposición.Quixemos recrear as súas técnicas e así realizamos o grabado empregando un linoleo que impregnamos de témpera cun rodillo, despois colocamos o papel e presionamos para conseguir o grabado.

Esta entrada foi publicada en MollARTE. Garda a ligazón permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.