Na aula de 4 anos levan un tempo falando dos pingüino , o seu hábitat, costumes, características…Todo empezou coa lectura do album “365 Pingüinos” e os esforzos que un ecoloxista fai para que os pingüinos non desaparezcan.
Esta fin de semana, na revista dominical, na seccion ZOOM, falaba do perigo de desaparición desta especie e doutras que viven nos polos.
Aquí tedes máis actividades realizadas na aula sobre o Polo Sur e os seus habitantes
365 Pingüinos
Como xa sabedes estamos a deseñar un pequeno xardín. Entre todos medimos o espazo e despois na aula dividímolo entre tres. Entre os planos finalistas das tres aulas , votamos ao plano de Sofía como o mellor distribuido.Agora toca empezar a pensar o que alí queremos plantar.
Publicado en HORTO ESCOLAR
|
Para conmemorar o Día da Paz estamos a elaborar un poema colectivo. As aportacións deixámolas nun buzón feito cunha caixa de cartón decorada coas mans dos nenos.


Na parte do horto que temos sen sembrar decidimos facer un pequeno xardín que previamente deseñaremos.O primeiro pase é ter o plano e distribuilo entre as tres aulas para despois facer o deseño.
Publicado en HORTO ESCOLAR
|
O martes o papá de Nicolás, de oficio xardineiro, visitou a nosa escola para darnos a coñecer o seu traballo e axudarnos no deseño do xardín que queremos facer.
Aprendimos como hai que traballar a terra, que ferramentas se empregan, como se diseña un xardín seguindo os gusto do cliente…Todo esto dun xeito moi ameno e didáctico co apoio visual do debuxo do plano do xardín.
Moitas grazas a Jose Barrientos pola súa colaboración.
Publicado en HORTO ESCOLAR
|
Hoxe, aproveintando a tregua dada pola chuvia, plantamos no horto as sementes do piñeiro, o pradairo e o carballo que xa plantaramos na aula.
Observaremos as diferencias no crecemento das sementes no interior e no exterior.
Publicado en HORTO ESCOLAR
|
Que mellor xeito de empezar o ano que plantando sementes de futuro . Grazas á colaboración de Medio Rural realizamos unha plantación de sementes de carballo ,piñeiro e pradairo
Cando medren as transplantaremos a un monte do noso Concello.
Vense de celebrar estes días en Barcelona o 5º Festival Internacional de Reciclaje Artístico ,promovido anualmente pola asociación DRAP ART promotora da reciclaxe creativa en todas as súas facetas.
Paga a pena entrar na súa páxina e coñecer este movemento fundado en 1966 por Tanja Grass.

Publicado en ReciclARTE
|
Decoramos esta figura tradicional do noso Nadal empregando distintos materiais de refugallo.
Aí vai unha mostra dos adornos navideños que fixemos na escola empregando materiais de refugallo: cápsulas de café , botellas de auga , CD , vasiños das natillas…