“NAS MANS DOS DETECTIVES VERDES DE ARALDE”

avatar Escrito por COQUELA
14 de mayo de 2014 a las 17:17h

“OPERACIÓN PRAIA DO BAO NA ILLA DE AROSA” 

OS COMPROMISOS DOS DETECTIVES VERDES DE ARALDE SON MOITÍSIMOS: O COIDADO DOS ANIMAIS DA ESCOLA( A COELLA PELUSA, MANCHITA, OS PAXAROS DA PAXAREIRA, A TARTARUGA LINDA, O PEIXE CHULIÑO DO ESTANQUE, OS VERMES DE SEDA E DA RUDA, OS INSECTOS PAU…),OS TRES ” R”, O AFORRO DE AUGA E DE ENERXÍA TANTO NA AULA COMO NA CASA,  A LIMPEZA DO PATIO, DO MONTE DE ARALDE, DO CAMPO DE FÚTBOL,D O POBO DE ARALDE…

 ESTE CURSO  MOITOS DETECTIVES  CHEGARON Á ESCOLA DENUNCIANDO QUE FORON DE  PASEO  COA SÚA FAMILIA Á ILLA DE AROUSA E A PRAIA DO BAO( A DOS COLUMPIOS) TIÑA MOITOS PLÁSTICO E MOITO LIXO. TOMAMOS CONCIENCIA DO PROBLEMA E DECIDIMOS, XUNTO COAS FAMILIAS, IR UNHA TARDE   A ESTA PRAIA PARA  DESENVOLVER A NOSA TAREFA DE LIMPEZA.  POR MOR DA CLIMATOLOXÍA,  NON POIDEMOS  IR ATA O MES DE MAIO. CONCRETAMENTE O DERRADEIRO 8 DE MAIO, OS DETECTIVES VERDES COLLEMOS OS NOSOS APARELLOS ( GORRA, CAMISETA, CATALEXOS, LUPA E LUVAS) , E ACOMPAÑADOS DE FAMILIARES, QUE TAMÉN SON DETECTIVES,  E REALIZAMOS A OPERACIÓN QUE DENOMINAMOS ” OPERACIÓN PRAIA DO BAO”. A PRAIA XA NON TIÑA TANTO LIXO, XA FORA LIMPA, PERO GUSTOUNOS  SABER QUE   HAI MAIS XENTE QUE É DETECTIVE VERDE COMA NOS. AÍNDA ASÍ,  RECOLLEMOS LIXO.   

NA PRAIA, NO MONTE, NO RÍO… DEIXA SÓ AS PEGADAS!.0 1 2 3 52

NAS MANS DOS DETECTIVES VERDES

avatar Escrito por COQUELA
5 de abril de 2014 a las 19:03h

 

DE CAMIÑO Ó CAMPO DE FÚTBOL.NO CAMPO, TAMÉN HABÍA ALGÚN QUE RECOLLEMOS COA AXUDA DOS PAIS. PENSABAMOS QUE NON HABÍA NINGÚN E OLLA CANTO LIXO HAI!!.AQUÍ, ALÁ... PLÁSTICOS, UNHA RODA, ZAPATILLAS, ...ENCHEMOS VARIOS SACOS, OUTRO DÍA  QUE NON CHOVA, VIREMOS A CONTROLAR.XA POLO CAMIÑO RECOLLEMOS LIXO ´!.

COS NOSOS APARELLOS DE DETECTIVES, SAÍNDO DA ESCOLA.

PENSABAMOS QUE NON HABÍA NINGÚN E OLLA CANTO LIXO HAI!!.

OS DETECTIVES VERDES TEMOS AS COMPOSTEIRAS A PLAN!!!!

avatar Escrito por COQUELA
5 de noviembre de 2013 a las 21:37h

CADA DÍA UNHA  NENA OU NENO LEVA AS TONAS DA FROITA ÁS COMPOSTEIRAS.

 

AINHOA  BOTANDO AS TONAS DA FROITA

ENCANTADAS/OS DE LEVAR AS TONAS DA FROITA ÁS COMPOSTEIRAS

 ALGUNHA MAMÁ ENVÍANOS BORRA DE CAFÉ. UXÍA BALDEIRANDO A BORRA DO CAFÉMARTÍN AXUDANDO

ESTÁN  AS COMPOSTEIRAS CHEAS!

 

 

 

 

 

TAMÉN  BOTAMOS  HERBAS E FOLLAS. IMOS TER MOITO COMPOST  PARA ESTERCAR O HORTO.

  

 

OS DETECTIVES VERDES CELEBRAMOS O SAMAÍN ASÍ…

avatar Escrito por COQUELA
5 de noviembre de 2013 a las 20:25h

EXPUXEMOS  A S CABAZAS QUE TROUXEMOS DA CASA FEITAS COA AXUDA DE MAMÁ E PAPÁ.

EXPOSICIÓN

TAMÉN VEU UN PAPÁ AXUDARNOS A  CARACTERIZAR A CABAZA COLECTIVA  E QUEDOUNOS CHULÍSIMA.

FOTO PAPADESICABAZA CLASE

VISITOUNOS A  BRUXA CATUXA QUE NOS CONTOU UN CONTO DE CABAZAS.

BRUXA CATUXA

 FINALMENTE COMEMOS DEDOS DE MOMIA  SANGUENTOS  E RIQUÍÍÍÍSIMOS!!!. PASÁMOLO DE MEDO!!!. 

DEDOS

 

DETECTIVES VERDES RECOLLENDO OS FROITOS DO HORTO

avatar Escrito por COQUELA
3 de octubre de 2013 a las 19:10h

CANDO  EMPEZAMOS  AS CLASES, VIMOS  QUE  TOMATEIRAS E AS PEMENTEIRAS  QUE PLANTAMOS NO HORTO ESTABAN  ALTÍSIMAS,  CHEAS DE TOMATES VERDES E VERMELLOS, AS CEBOLAS  XA ESTABAN COLLIDAS  NUNHA CAIXA E AS PEMENTEIRAS  CON PEMENTOS GRANDES E VERDES.

CANTO MEDRARON CO COMPOST  QUE FIXEMOS NAS COMPOSTEIRAS!!!COMPARTIMOS AS CEBOLAS E TOCAMOS A  3 CADA DETECTIVE.VAIA CESTO DE TOMATES!!!LEVAMOS TOMATES PARA A CASA  E FAREMOS UNHA DELICIOSA  ENSALADA!!! ESTES TOMATES ESTÁN CHEOS DE VITAMINAS!!!

OS DETECTIVES VERDES ATOPAMOS ARALDE ASÍ…

avatar Escrito por COQUELA
2 de octubre de 2013 a las 17:36h

TIÑAMOS MOITÍSIMAS GANAS DE VOLTAR Á ESCOLA PARA ATOPARNOS COAS AMIGAS E AMIGOS, PARA COÑECER ÁS NOVAS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS DE TRES ANOS,  PARA OBSERVAR COMO ESTABAN  OS PAXAROS, O PEIXE “CHULIÑO”, A TARTARUGA “LINDA”, O HORTO … DISFRUTAR NO PARQUE.O ESTANQUE DE CHULIÑO ATOPÁMOLO CON MOITAS PLANTAS E PEIXES BEBÉS.CHULIÑO TEN MOITÍSIMOS AMIGO!!!.NA PAXAREIRA NACERON CRÍAS DE PERIQUITO2   

MIRAMOS NO ESTANQUE  DE LINDA A VER SE SAE A RECIBIRNOS.AQUÍ ESTÁ LINDA!!!. OLA LINDA!!. COMO PASACHES O VERÁN?.

DISFRUTAMOS DA PRIMAVERA!!.

avatar Escrito por COQUELA
6 de mayo de 2013 a las 18:43h

CHEGOU A PRIMAVERA, CON ELA O BO TEMPO   E  ARALDE ÉNCHESE  DE VIDA. NACEN FLORES  POR TODOS OS LUGARES, LINDA A TARTARUGA    COMEZOU A COMER E XA PASA AS MAÑÁS NO SEU ESTANQUE, OS PAXAROS DA PAXAREIRA  NON CALAN NIN UN INTRE, O ESTANQUE ESTÁ A DESBORDAR  DE PLANTAS, PEIXES, CÁGADOS E DOUS TRITÓNS QUE DESCUBRIMOS DE CASUALIDADE,  OS DETECTIVES VERDES ESTAMOS ESTERCANDO O HORTO PARA PLANTAR, LIMPAMOS O PATIO DAS FOLLAS, …  E XOGAMOS MOITO TANTO NO PATIO E PARQUE  COMO DENTRO NA AULAASÍ  DE BONITO ESTÁ A ÁREA MEDIO AMBIENTAL DARREDOR DA ESCOLA.QUE SEXA SEMPRE PRIMAVERA!!!!.A ÁRBORE QUE TEMOS NA PORTA , TAMÉN LLE DEBUXAMOS FOLLAS E FLORES!!!..A TARTARUGA LINDA  DISFRUTANDO NO SEU ESTANQUE.CADA DÍA OS ENCARGADOS/AS LEVAN A LINDA AO ESTANQUE.TRITÓNS QUE ATOPAMOS NA CHARCA DE CHULIÑO.DETECTIVES VERDES OBSERVANDO  O ESTANQUE DOS PEIXES.REUTILIZANDO CARTÓNS DE LEITE.COS CARTÓNS DE LEITE, FIXÉMOSLLE PARA O DÍA DA NAI, ESTE PRECIOSO BOLSO QUE LLES ENCANTOU A TODAS AS NAMÁS.TAMÉN CELEBRAMOS OS  " MAIOS " E VEU UN PAI  PARA CORTALOS E LEVÁMOLOS PARA  POÑELOS NA ENTRADA DA CASA E NO COCHE. RECOLLEMOS O PLÁSTICO QUE  PUXEMOS NO HORTO E ASÍ NON LLE NACERON HERBAS.AS DÚAS COMPOSTEIRAS ESTÁN ATEIGADAS DE ESTERCO. XA É HORA DE ESTERCAR!!!. CÓLLESE O ESTERCO E ESPARÉXESE ASÍ.TAMÉN LIMPAMOS O PATIO DE FOLLAS.QUÉ BEN XOGAMOS FÓRA SE VAI BO TEMPO!!!.E SE CHOVE TAMÉN XOGAMOS MOI BEN DENTRO DA AULA. O IMPORTANTE É XOGAR E PASALO  E SER FELICES!!!!..

A VISITA DOS AXENTES DE SEPRONA

avatar Escrito por COQUELA
25 de marzo de 2013 a las 13:14h

O AXENTE PRESENTANDO A ECOPATRULLA E AS SÚAS ACTIVIDADES.AXENTE EXPLICÁNDOLLE AOS DETECTIVES VERDESUN APARELLO QUE EMPREGAN PARA DESENVOLVER ALGUNHAS ACTIVIDADES.DETECTIVES VERDES AGARDANDO A SÚA QUENDA PARA SUBIR AO COCHE. PECHAN OS OÍDOS POLO RUÍDO DA SIRENA. DETECTIVES VERDES DENTRO DO COCHE  ATENTAS Á EXPLICACIÓN DO AXENTE QUE COCHE TAN GRANDE!!!.OLA , ESTE COCHE É UNHA MARABILLA!!!.ACTIVADE A SIRENA QUE EU FALO POLO MAGÁFONO!!!. AGORA IDES SUBIR AO COCHE, PERO EN FILA!!!.A COMUIDADE EDUCATIVA DE ARALDE-SOBRÁN AGRADÉCELLE  A SEPRONA A SÚA VISITA E AS ATENCIÓNS E PACENCIA QUE TIVERON CO ALUMNADO.MOITAS GRAZAS!!!! O DERRADEIRO DÍA DE CLASES (22DE MARZO 2013), OS DETECTIVES VERDES DE ARALDE DISFRUTAMOS  DA VISITA DOS AXENTES DE SEPRONA. AS NENAS E NENOS SUBIRON Ó COCHE E DESPOIS DE QUE ESTES LLE EXPLICARON O USO DAS FERRAMENTAS, AS NENAS E NENOS UTILIZÁRONNAS.

DENTRO DA ESCOLA, O ALUMNADO ESTIVO MOI ATENTO ÁS EXPLICACIÓNS DUN AXENTE QUE LLES PRESENTOU A UNS DEBUXOS CHAMADOS “ECOPATRULLA” OS CALES DESENVOLVEN  TAREFAS MEDIO AMBIENTAIS  IGUIAS AOS DETECTIVES VEDES DE ARALDE.DETECTIVES VERDES MOI ATENTOS NA PRESENTACIÓN DA ECOPATRULLA E DAS ACTIVIDADES  QUE DESENVOLVEN.

PROXECTO PELUSA

avatar Escrito por COQUELA
24 de marzo de 2013 a las 12:17h

PAPÍ FIXÉMOLO CON MOITO AGARIMO  PARA TI!!.  Á SAÍDA, OS PAIS QUEDARON ABRAIADOS CO REGALIÑO.ESTAMOS  ENCANTADOS CO REGALIÑO, É PRECIOSO!!!.OS DETECTIVES VERDES ESTAMOS A INVESTIGAR SOBRE OS COELLOS, APRENDEMOS MOITA INFORMACIÓN SOBRE  PELUSA E XA REALIZAMOS UNHA MOREA DE ACTIVIDADES  DESTE PROXECTO E AÍNDA NON REMATAMOS. GRAZAS AS FAMILIAS POLOS MATERIAIS  APORTADOS E POLA COLABORACIÓN.QUEN É ESTA COELLIÑA TAN BONITA?.SON EU PELUSA E VIVO NA ESCOLA DE ARALDE, PERO AGORA ESTOU COMENDO. ATÉNDOVOS MAIS TARDE.MOITAS GRAZAS ÁS FAMILIAS POLOS MATERIAIS PRESTADOS!!.MANIPULAMOS  CON COIDADO ESTES MATERIAIS. 5BOLSIÑO DE PELUSA  CON SORPRESA DENTRO QUE LLE REGALAMOS AOS PAIS O 19 DE MARZO.   19 DE MARZO,DETECTIVES VERDES COS BOLSOS DE COELLA,  MIRADE QUE BOLSOS TAN BONITOS!!!. SON PARA OS NOSOS PAIS!!.

OS DETECTIVES VERDES DISFRUTAMOS DO ENTROIDO.

avatar Escrito por COQUELA
10 de febrero de 2013 a las 12:39h

LEVAMOS MOITAS/OS COIDADORES. DÚAS VELLIÑAS QUE LEVABAN CESTAS: UNHA ERA PARA OS OVOS E NA OUTRA LEVABAN MILLO. GALIÑAS APOLEIRADAS  NAS ESCALEIRAS  DA TENDA , PREPARÁNDOSE PARA A FOTO.ALBOROTOUSE O GALIÑEIRO!!!.CO, CO CO ,CO, CO,CÓ!!!! MENOS MAL QUE AS VELLIÑAS E COIDADORES  AS LEVARON EN FILA  CAMIÑO DO GALIÑEIRO.CANDO CHEGAMOS Ó GALIÑEIRO,  OS FAMILIARES TIÑAN UNHA MOREA DE LAMBETADAS PARA COMER: FILLOAS,ORELLAS, BIZCOITOS CASEIROS, TARTAS, TORTIÑAS... QUE ESTABAN  DELICIOSAS. MOITAS GRAZAS POR TODO!!!. DESPOIS DE INVESTIGAR SOBRE AS AVES E DE APRENDER MOITAS COUSAS, EN ESPECIAL DAS GALIÑAS, DECIDIMOS IMITALAS CON ESTE DISFRACE E MÁSCARA.

FAMILIARES, GRAZAS A TODOS /AS POLA VOSA COLABORACIÓN.

ojd